Liga Local de Futbol Sala de As Pontes

A Liga Local de Futbol Sala rematará o vindeiro Domingo día 2 de Abril coa disputa da xornada número 18, xornada na que tódalas olladas estarán postas no encontro que as cinco da tarde disputaran o BAR CALVO e a UNION FUTBOL SALA, primero e segundo da clasificación xeral respectivamente, tan só separados por un punto polo que o encontro promete emocións fortes entre dous equipos con estilos diferentes de xogar ao futbol sala.

401

A Liga Local de Futbol Sala rematará o vindeiro Domingo día 2 de Abril coa disputa da xornada número 18, xornada na que tódalas olladas estarán postas no encontro que as cinco da tarde disputaran o BAR CALVO e a UNION FUTBOL SALA, primero e segundo da clasificación xeral respectivamente, tan só separados por un punto polo que o encontro promete emocións fortes entre dous equipos con estilos diferentes de xogar ao futbol sala. Os dous conxuntos chegan a este encontro con traxetorias similares xa que dende as primeiras xornadas mantiverosne nas prazas de privilexio da clasificación. Deste partido sairá o campión da tempada 2016/2017 da Liga Local de Futbol Sala de As Pontes, tempada na que o nivel dos equipos aumentou considerablemente o que fai que sexa unha das mais competitivas e igualadas dos últimos anos.

A xornada arrincará ás catro da tarde có partido entre o Husse-Barbarroja e o Ribadeume F.S. no que a pesar de que o Husse-Barbarroja leva duas xornadas consecutivas sin presentarse pode acadar a sexta praza que da acceso directo aos cuartos de final da Copa pero xa non depende de si mesmo para facelo.

As seis da tarde Pinturas Colormix e Matojoma-Las Torres veranse as caras nun encontro no ningún dos dous equipos se xoga nada xa que o Matojoma-Las Torres fixose coa quinta praza da clasificación dende case toda a segunda volta da competición e o Pinturas Colormix sempre estivo na parte baixa da mesma.

As sete da tarde terá lugar o encontro entre A Cova dos Trasnos e O Esteo F.S. “B” encontro no que a pesar de que A Cova dos Trasnos liderou moitas xornadas a clasificación chega a esta xornada final sin opcións de loitar polo título de liga, en cambio o Esteo F.S. “B” depende de si mesmo para manter a sexta praza e clasificarse directamente para os cuartos de final da Copa.

Para rematar esta derradeira xornada da tempada ás oito do seran o colista N.G. UB2 Futsal enfrontase ao Estanco Maricarmen onde este é claro favorito para conseguir os tres puntos en xogo.

Acontinuación deixamosvos cos horarios dos encontros desta xornada número 18, derradeira desta tempada 2016/2017

18ª XORNADA DOMINGO DIA 2 DE ABRIL PAVILLON MUNICIPAL

16:00 h. HUSSE-BARBARROJA – RIBADEUME F.S.
17:00 h. UNION FUTBOL SALA – BAR CALVO
18:00 h. PINTURAS COLORMIX – MATOJOMA-LAS TORRES
19:00 h. A COVA DOS TRASNOS – O ESTEO F.S. “B”
20:00 h. N.G. UB2 FUTSAL – ESTANCO MARICARMEN

Nova cortesía de Moises Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios