FOTOS LIGA LOCAL. BAR CALVO 2 – UNIÓN FÚTBOL SALA 2.

O Bar Calvo gaña a Liga tras empatar 2-2 con un Unión que marcou un gol que lle podía dar o título co tempo cumprido.

603

Esta tarde ás 17:00 xogouse no Pavillón de A Fraga o partido que decidía o título de Liga entre o Bar Calvo de As Pontes, e o Unión Fútbol Sala, primeiro e segundo clasificados, con un punto de diferencia entre ambos. O Unión adiantouse no primeiro período pero o Bar Calvo empatou no inicio do segundo tempo por medio do Campión de España 2012 Roi Antelo, e despois foi Santi Barro o que poñía o 2-1. Outras caras coñecidas do equipo, Rubén Rivas, Adrián Criado ou Iván Leal. Faltando pouco empataron os amarelos, e na última xogada do encontro, remataron varias veces a portería, acabando por entrar o balón co tempo xa cumprido, resultando definitivamente Campión o Bar Calvo.

Nova cortesia de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios