O ESTEO FUTBOL SALA

Viaxe do Esteo á Mariña luguesa para enfrontarse este venres á SD Xove

183

Despois dunha mala racha dun empate e tres derrotas seguidas o Esteo volveu a gañar ante o colista Boal asturiano nun partido no que o máis importante foron os tres puntos acadados polos ponteses, que agora volven á sexta praza con 31 puntos. Pola súa banda, o Xove está de décimo na clasificación aínda non salvado do descenso, pero con tódalas posibilidades de permanecer un ano máis na categoría.

O conxunto mariñán foi o terceiro conxunto en gañar no pavillón da Fraga esta tempada e ademais fíxoo con contundencia, por 3-6. No municipal de Xove o Esteo venceu nos dous primeiros enfrontamentos na 3ª División (3-8 na 2011/12 e 3-4 na 2012/13) gañando o Xove na anterior campaña por 5-2.

SEGUNDA DIVISIÓN B (23ª xornada)

S.D. XOVE F.S. – O ESTEO F.S.
Venres 7 – Abril – 2017 (21:00)
Pavillón Municipal de Xove

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios