TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 1 – CD CHOCO 0.

Merecida vitoria do As Pontes, a quinta da tempada, ante un Choco que se complica a vida

422

Quinto triunfo da tempada para o CD As Pontes, que venceu na tarde de hoxe no encontro disputado no Campo do Poboado 1-0 gracias a un tanto anotado por Edi.

Sorprendeu a vitoria do conxunto local, pois xa está descendido, mentres os redondeláns se xogaban moito, sobre todo polo perigo das posibles dúas prazas de arrastre.

Pero sen dúbida foron os ponteses os que mereceron gañar e con contundencia, pero a piques estiveron de pagar, coma outras tantas veces, o seu desatino de cara a gol.

Os ponteses saíron con máis brío, e tiveron varias no primeiro cuarto de hora. A Fran escápaselle o control dun balón dentro da área (3´), e non alcanza a rematar Marcote no segundo pau unha boa asistencia do xogador murciano (7´). Dous malos despexes do conxunto visitante por pouco non rematan en gol. Rey por riba da súa porta (9´), e máis perigoso un do ex internacional sub17 Gabi Misa, que fixo intervir a Cortegoso (10´). Logo é Buyo, nunha subida, que dispara por riba da porta (14´).

Pero puidose complicar a vida o conxunto pontés, e moito, pois nunha xogada que se marchaba só un xogador visitante é agarrado por Edi, que viu unha amarela que podía haber sido doutra cor (17´).

Posteriormente, dúas boas ocasións de Fran Cortés. Nun tiro de falta que bloca Cortegoso, o balón quedalle morto ó murciano que dispara ó corpo do porteiro (20´). Outro avance de Fran, que se desmarca, dispara, e saca Molinos baixo paus un balón que se colaba (23´).

Ata que chegou o gol, precisamente do capitán Edi. Saque de córner, que cabecea perfectamente polo escuadro anotando o seu oitavo gol da tempada (27´).

Noutra xogada, Rubio remata por riba da porta dende fora da área (29´), e a ocasión máis clara dos visitantes antes do descanso foi un remate de cabeza abaixo de Rober, que salva Paco cunha manopla maxistral (32´).

Foi a por todas o Choco no comezo do segundo tempo entrando Caloi e Marquitos, pero eran os azuis os que tiñan a primeira ocasión nun balón moi pelexado por Rubio, que lla rouba a Rey, cede atrás, i é Criado quen dispara, despexando Cortegoso (49´). Máis clara a tiveron nunha contra moi bien dirixida por Núñez, centra Criado dende banda, e chegando completamente sós, estorbanse Marcote e Ramos, i é o de Fisterra quen remata ó lateral da rede (55´).

Replican os visitantes cun remate de Silva dentro da área que marcha lamendo o poste (57´), e nun centro chut dende banda esquerda que sorprende a Paco e se pasea pola área local (65´).

Chegouse a uns últimos minutos de toma e daca, cun Choco precipitado buscando sumar, e un As Pontes defendendo a súa terceira vitoria na casa. Marcote recorre toda a banda dereita, plantase ante Cortegoso e este despexa o seu remate coas pernas (80´). Silva tivo a última dos redondeláns nunha falta ó borde da área, rasa e moi ben tirada, na que Paco voltou a estar maxistral (90´). A última ocasión chegou nunha internada de David González por banda, chega ata o área pequena, e o seu pase da morte sacao un defensa in extremis (94´).

O equipo local aguantou como puido o excesivo desconto e sacou os tres puntos, e segue antepenúltimo, xa con 24, antes de visitar ó terceiro Cerceda. Complícase o Choco con 43, só dous por riba do teórico segundo posto de arrastre que marca o Ribadumia, antes de recibir ó Dubra.

Noveno triunfo pontés en O Poboado, por un empate e dos triunfos redondeláns.

1 CD As Pontes. Paco, Criado, Buyo, Callón, Prieto, Edi (David 78), Rubio, Diego, Marcote (Jaime 87´), Ramos (Caique 65´), Fran.
0 CD Choco. Cortegoso, Javi, Molinos, Lucas, Rey (Óscar 58´), Juan (Caloi 45´), Rober, Misa, Silva, Comis, Félix (Marquitos (45´). 
Goles: 1-0, Edi (27´)
Árbitro: Bernardo Rodríguez Manteiga (A Coruña). Auxiliado por Rodríguez Penas e García Gómez. Amarelas a Edi, Juan e Diego. 
Campo e Incidencias: Campo de O Pobado. Uns 100 espectadores en tarde soleada. Partido da 34ª xornada. 

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios