TERCEIRO CLASIFICATORIO DA SELECCIÓN ESPAÑOLA DE TIRO CON ARCO

Miguel acabou na segunda posición e estará en Turquía, mentres Dani conclúe sexto.

343

Miguel acabou na segunda posición e estará en Turquía, mentres Dani conclúe sexto.

Esta fin de semana levouse a cabo en Madrid o terceiro clasificatorio de cara á composición da Selección Española de Tiro con Arco recurvo, masculino e feminino.

Cara aló se desprazaron os integrantes do Clube Silex, Miguel Alvariño e Daniel Castro. Un gran Pablo Acha acabou liderando a clasificación con 90 puntos, por 85 de Miguel Alvariño. Terceiro foi Miguel Ángel Pifarre con 84 e cuarto Sergio Del Olmo con 82. Os catro representarán a España na Copa do Mundo de Antalya, que terá lugar na segunda semana do mes de Xuño.

As representantes femininas serán Alicia Marín, Monica Galisteo, Miriam Alarcón e Celia Castaños. O quinto clasificado foi Alvaro Simó, con 53 puntos, que xunto á quinta feminina, Nerea López, estarán na Conquest Cup, a finais de Maio. Asimesmo, só os dous primeiros clasificados de cada categoría, Pablo e Alicia, estarán na Copa do Mundo de Salt Lake, a finais de Xuño.

Ademáis destas tres probas seguiránse facendo clasificatorios para a composición do equipo de cara á Copa do Mundo de Berlín e o Mundial de México. Dani, que está sexto con 46 puntos, segue optando xunto ós seus outros cinco compañeiros. Sen embargo, os dous últimos, Antonio Fernández (37) e Juan Ignacio Rodríguez (29),os dous respresentantes españois en Río 2016 xunto a Maikel, xa non poderán optar a ser convocados coa selección neste 2017.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios