Celebración día da danza As Pontes

O próximo 28 de abril o Concello das Pontes súmase a chamada da celebración do “día Internacional da danza “ e para iso propón unha xornada con dúas actividades no auditorio municipal cine Alovi.

233

O próximo 28 de abril o Concello das Pontes súmase a chamada da celebración do “día Internacional da danza “ e para iso propón unha xornada con dúas actividades no auditorio municipal cine Alovi.

A primeira ás 18.30h proxección da película Ballerina , película de animación que conta a historia e a paixón pola danza dunha rapaza que soña con ser bailarina profesional; para conseguilo e axudada por un amigo co que vivirá grandes aventuras.

A segunda ás 21.00h coa lectura do manifesto do día da danza, que dará paso á presentación do Videoclip realizado coa gravación do último espectáculo da escola na que se fixo unha homenaxe ao coreógrafo Bob Fosse. Neste espectáculo participaron 230 alumn@s de entre 6 a 60 anos que puxeron en escena pezas coreografiadas por Bob Fosse e que formaron parte de producións cinematográficas tan coñecidas como Cabaret, Sweet Charity, All that jazz etc…

A dirección da escola e do espectáculo fixo desta representaición un proxecto multidisciplinar no que participaron ademais dos alumnos e profesorado da escola ,unha profesora que impartiu clases de teatro musical e cabaret e no que tamén contou coa participación dun bailarín coñecedor do particular estilo Fosse. Por outro lado o apoio e a colaboración do grupo de teatro O Catre foron fundamentais para poder levar a cabo este proxecto.

No vídeoclip poderán ver a presenza de Bob Fosse como figura do mundo da danza, tanto no coidado deseño de luces como nos números grupais que fan un percorrido pola biografía e a carteleira cinematográfica deste grande director e coreógrafo.

Nova cortesía do Departamento de Cultura

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios