CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: RESULTADOS 28-29-30 / ABRIL /2017

Empate en Ourense do primeiro equipo, e vitorias do Feminino, Xuvenil, Benxamín A, Prebenxamín A, ambos alevíns, e doble triunfo do Cadete.

491

Empate en Ourense do primeiro equipo, e vitorias do Feminino, Xuvenil, Benxamín A, Prebenxamín A, ambos alevíns, e doble triunfo do Cadete.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (36ª xornada)
U.D. BARBADÁS – C.D. AS PONTES (3-3)

Empate a 3-3 do As Pontes na súa visita a Ourense. Pese ó mal sabor de boca de que por cuarta vez na tempada lle remontan dous goles nos derradeiros minutos ós azuis, non deixa de ser un bo empate, con moitos xogadores novos, conseguindo ademais alcanzar o equipo a cifra de 30 goles.

No primeiro tempo Alfredo adiantou ós locais cun bo gol, pero Prieto empataba cando quedou só ante o porteiro local. Tamén, fran estrelou un balón no poste.

No último tramo do segundo tempo, un disparo de Caique desvíao Fran antes de entrar na porta local, e posteriormente o propio xogador brasileño marcaba cun disparo axustado o 1-3.

Xa nos últimos minutos, Marcos anotaba un bo gol e apretaba o marcador, e no desconto o portugués Rodrigo anotaba o 3-3 definitivo e co seu duodécimo gol da tempada liberou ó seu equipo de calquer tipo de arrastres.

Dous encontros complicados lle quedan ó As Pontes antes de rematar a Liga, recibir ó Deportivo B, que cun punto máis xa sería campión, e visitar ó Ribadumia, que se xoga a permanencia.

Xogaron Rafa, Criado, Buyo, Jandro, Prieto, Caique, Marcote (Ibu 46´), Diego, Fran (Alex Cabarcos 78´), David e Josiño (Rubén Riveira 66´).

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
SDC A CAPELA – CD AS PONTES (0-4)

Triunfo do equipo feminino na súa visita á localidade veciña da Capela. Dous tantos de Paula Castro e outros dous de Noelia Ameneiro, que chegan a 15 e 10 goles na Liga respectivamente, decidiron o partido, que xa marchaba 0-3 ó descanso.

Na vindeira penúltima xornada recibirán ó Galicia de Caranza na loita por manter a cuarta praza que ocupan con 67 puntos, por 65 das ferrolás.

Xogaron Leti, Noelia Santalla, Carolina Paz, Nuria, Yoli, Noelia Ameneiro, Carolina Rodríguez, Xeila, Paula Castro, Paula Baamonde e Yara.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – CD NARÓN “A” (5-0)

Contundente vitoria 5-0 do Xuvenil pontés que xogou este sábado no Campo do Poboado, con catro goles de Cristian e un de Bruno de falta. E iso que os de Mieres xogaron con dez todo o segundo tempo.

Son terceiros empatados a 41 puntos co segundo Eume. Na derradeira xornada visitan ó Maniños, décimo. Necesitan gañar e agardar que o Eume non o faga na casa do campión Meirás, pois teñen o goal average a favor os de Pontedeume.

Xogaron Lino, Fraga, David, Bruno, Unai, Pita, Carlos, Jaime, Cristian, Casas e Josiño, entrando no segundo tempo Iago, Alex Barro, Cazás e Derick.

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – SRD PORTUARIOS B (2-1)
FC ORTIGUEIRA – CD AS PONTES (2-3)

Vitoria do Cadete 2-1 ante o Portuarios B no encontro aprazado a este mércores. Os de Rubén Pardo, pese ó tanto inicial de Diego, remontaron no segundo período cos goles de Xavi e Jose.

Xogaron Juan, Eyob, Azoin, Nono, Antonio, Antón Paz, Adrián, Santi, Vicente, Chema e Jose, saíndo despois Joan, Xavi, Xoel e Brais.

Completaron unha gran fin de semana gañando o sábado na súa visita ó Ortigueira, con tantos de Antonio, Chema e Jose.

Xogaron Juan, Eyob, Antonio, Nono, Santi, Chema, Xavi, Antón Paz, Vicente, Xan e Jose, saíndo despois Joan, Adrián, Xoel, Mohamed e Azoin.

Sétimos con 29 puntos rematan a Liga recibindo ó Rapido de Neda, cuarto.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase (Grupo 4º)
GALICIA CARANZA “C” – CD AS PONTES (2-2)

Empate do infantil, que comezou gañando con tantos de Xoel e Hugo, pero que viu como dous tantos de Brais nos derradeiros minutos suponían o empate para os ferroláns. Terceiros con 30 puntos rematan a Liga recibindo ó Ortigueira, sétimo.

Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Xose, Alejandro, Samuel, Dani, Jandro, Mario Fraga, Manuel, Hugo, Xoel, e despois Edgar, Sergio Hermida, Sergio Paz e Rubén.

CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
CD CARIÑO – CD AS PONTES (1-4)
CD AS PONTES “B” – CD SAN SADURNIÑO (10-2)

Vitoria do Alevín A 1-4 a domicilio en Cariño, Alex Montero (2), Anxo Rey e Ali Karim, pero a mellor nova da fin de semana foi que o anterior líder, Eume, perdeu 2-3 en casa ante o terceiro, Narón O Freixo B, co cal ponteses e pontedeumeses empatan a 41 puntos antes de rematar a Liga enfrontándose entre eles no Poboado. Ós ponteses valeríalles o empate pois gañaron 3-5 en Pontedeume.

O Alevín B pola súa parte gañou 10-2 ó San Sadurniño, tantos de Anxo Blanco (3), Carlos Villasuso (2), Israel Varela (2), Patricia Adega, Xandre Fernández e Antón Varela. Sextos con 22 puntos rematan a Liga visitando ó Caranza, cuarto.

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
EUME DEPORTIVO “B” – CD AS PONTES (3-5)
CD AS PONTES “B” – CD NARÓN (2-6)

Triunfo 3-5 do Benxamín A ante o penúltimo Eume B, que lle serve para manter o pulso do liderado con 42 puntos, con un de ventaxa sobre o Caranza C; que, iso si, ten un encontro menos; e tres sobre o Ánimas. Goles de Alejandro Leal (2), Diego Lozano, Adrián Díaz e Sergio Vázquez. Na vindeira xornada reciben ó Caranza D, noveno.

Derrota do Benxamín B 2-6 ante o Narón, tantos da honra de Xoel Vigo e Diego Solano. Sextos con 20 puntos, rematan a Liga visitando ó Val, oitavo.

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – FC ORTIGUEIRA (5-0)
CD NARÓN “B” – CD AS PONTES “B” (3-1)

Goleada do Prebenxamín A 5-0 ante o Ortigueira, tantos de Xandre Domínguez, David Maseda, Íker Ares, Alex Basanta e Lucas Blanco. Cuartos no grupo dos mellores con 32 puntos, rematan a Liga visitando ó Eume, quinto.

Derrota do Prebenxamín B 3-1 na súa visita a Narón, tanto de Mario Lozano. Cuartos con 37 puntos, reciben ó Cariño, sétimo.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios