CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: PARTIDOS 5-6-7 / MAIO /2017

Penúltima xornada de liga e o As Pontes despídese da súa afección enfrontándose ó líder Deportivo “B”

283

Ó conxunto herculino necesita só un punto para ser campión de liga, xa que o separan 5 do segundo e só quedan 6 por disputarse. Para o As Pontes é un choque de puro trámite, no que o cadro azul despídese da súa afección e da 3ª División, categoría que, nesta terceira fase, estivo sete tempadas seguidas.

Nin que dicir ten, que haberá tempo para falar e comentar o que sucedeu esta campaña na que se retorna á Preferente galega logo dunha mala traxectoria na categoría nacional esta tempada, que a dicir verdade é para esquecer.

O filial deportivista, sucesor do histórico Fabril, non é o rival máis axeitado para a despedida. Como sinalamos, necesita un punto para ser matematicamente campión. No campo de Abegondo vitoria contundente dos herculinos por 5-0. O As Pontes pecha a tempada no campo do Ribadumia, outro equipo implicado nos descensos.

No Poboado os dous equipos enfrontáronse en 22 partidos oficiais dende a tempada 1964/65 (primeira na 3ª División) con vitoria fabrilista por 2-4, encontro disputado o 20 de decembro de 1964. O entón Calvo Sotelo aliñara a Goloso, Nené, Julián, Tano, Manolo Cayetano, Aneiros, Novo, Nito, Pan (1), Domínguez e Gondell (1).

En total, nove vitorias dos ponteses por oito dos coruñeses, cinco empates e 32 goles a prol de cada conxunto.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (37ª xornada)
C.D. AS PONTES – R.C.DEPORTIVO “B” (Fabril)
CAMPO DO POBOADO (As Pontes
Domingo 7 de Maio de 2017 (18:00 h)
ÁRBITRO: DAVID PEREIRA FERREIRO (Lugo)

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CD AS PONTES – GALICIA DE CARANZA
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 6 de Maio de 2017 (17:00 h)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CULTURAL MANIÑOS – CD AS PONTES
Campo do Pote (Maniños)
Sábado 6 de Maio de 2017 (18:00 h)

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – SD RÁPIDO DE NEDA
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 6 de Maio de 2017 (17:00 h)

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – FC ORTIGUEIRA
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 6 de Maio de 2017 (12:00 h)

CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – EUME DEPORTIVO
Campo do Poboado (As Pontes)
Venres 5 de Maio de 2017 (19:00 h)
GALICIA DE CARANZA – CD CARIÑO “B”
Campo de Caranza (Ferrol)
Venres 5 de Maio de 2017 (18:30 h)

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – GALICIA DE CARANZA “D”
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 6 de Maio de 2017 (11:00 h)
SD O VAL – CD AS PONTES “B”
Campo de Sinde (O Val)
Venres 5 de Maio de 2017 (18:00 h)

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
EUME DEPORTIVO – CD AS PONTES
Campo da Gándara (Pontedeume)
Venres 5 de Abril de 2017 (19:00 h)
CD AS PONTES “B” – CD CARIÑO
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 6 de Maio de 2017 (12:15 h)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios