Copa Local de Futbol Sala 2017

O pasado mércores tivo lugar na Sala de Xuntas do Pavillón Municipal pontés o sorteo dos emparellamentos da Copa Local de Futbol Sala 2017 de AS Pontes, quedando xa definidos a fase previa que se xogará o vindeiro Domingo día 7 de Maio, os cuartos de final que se xogarán o Domingo día 14 Maio e quedando as semifinais e a final para o Domingo día 28 deste mesmo mes.

197

Unha Copa que se prevé que sexa moi igualada e disputada, como foi o campeonato ligueiro, e que dará comezo o vindeiro domingo día 7 coa disputa da Fase Previa. Unha fase na que só xogaran os catro últimos equipos clasificados da Liga.

A xornada dará comezo ás seis da tarde có encontro que enfrentará a O Esteo F.S. “B” e ao Ribadeume F.S. no que non ai un claro favorito para levarse a victoria. Un partido entre dous conxuntos que tiñan obxetivos mais altos na competición ligueira pero co paso das xornadas viron que os obxetivos marcados ao principio da tempada cambiaban radicalmente.

A continuación, ás sete da tarde terá lugar o segundo encontro desta Fase Previa que enfrentará ao Pinturas Colormix e o N. G. UB2 Futsal no que a priori o Pinturas Colormix parte como favorito pero non debe confiarse se que conseguir o pase ao cuartos de final.

Os emparellamentos desta fase previa son:

DOMINGO DÍA 7 DE MAIO NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE AS PONTES

Ás 18:00 h. O ESTEO F.S. “B” – RIBADEUME F.S.

As 19:00 h. PINTURAS COLORMIX – N.G. UB2 FUTSAL

Nova cortesía de Moises Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios