CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: RESULTADOS 5-6-7 / MAIO /2017

Vitorias de Infantil, Benxamín A e Prebenxamín B. O Xuvenil queda fora do play off pese a empatar a puntos co Eume. O Alevín A perde a Liga ante o Eume, mentres o Prebenxamín A remata cuarto na Liga dos mellores.

355

Vitorias de Infantil, Benxamín A e Prebenxamín B. O Xuvenil queda fora do play off pese a empatar a puntos co Eume. O Alevín A perde a Liga ante o Eume, mentres o Prebenxamín A remata cuarto na Liga dos mellores.

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CD AS PONTES – GALICIA DE CARANZA (0-0)

Empate a 0-0 no encontro desputado este sábado entre o equipo feminino e o Galicia de Caranza, nun partido no que non houbo grandes ocasións, cando menos no segundo tempo, e co que as de Julio Montero case garanten o cuarto posto final, dado que manteñen os dous puntos de ventaxa coas súas rivais de hoxe, con apenas un encontro por xogar, no que as ferrolás reciben ó terceiro, O Val B, mentres as pontesas visitan ó Neda, undécimo.

De momento son cuartas con 68 puntos. Xogaron Leti, Nuria, Yoli, Noelia Ameneiro, Carolina Rodríguez, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara e Alba.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CULTURAL MANIÑOS – CD AS PONTES (1-4)

Vitoria a domicilio do Xuvenil pontés, que venceu 1-4 en Maniños, dous tantos de Sergio Cazás, un de Cristian e outro do cadete Vicente Iglesias, pero fraco favor lle fixo o campión Meirás que foi perder o único encontro de toda a Liga, despois de 18 partidos, ante o Eume Deportivo, que xa gañaba 0-3 ó descanso.

Rematan a Liga na terceira posición con 44 puntos, os mesmos que os de Pontedeume, que sen embargo gañaron 4-1 en casa, e perderon 2-1 no Poboado polo tanto teñen o goal average a favor. Campión, Meirás, con 53 puntos.

Xogaron Lino, Fraga, David, Bruno, Unai, Pita, Carlos, Alex Barro, Cristian, Xose, Cazás e despois entraron Vicente e Derick.

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – SD RÁPIDO DE NEDA (0-4)

Derrota do Cadete no derradeiro encontro de Liga, 0-4 ante o Neda, cuarto, no que o máis destacable foi o hat trick de Marco Alonso.

Rematan a Liga sétimos con 29 puntos. Xogaron Edgar, Eyob, Xavi, Nono, Antonio, Santi, Mohamed, Antón Paz, Brais, Jose e Jorge, saíndo despois Adrián, Azoin, e Juan.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – FC ORTIGUEIRA (9-2)

Despediuse o Infantil da Liga con unha goleada ó Ortigueira 9-2. Tantos moi repartidos pois houbo ata oito goleadores. Só anotou dous Manuel Novo, e un, Hugo Blanco, Xose Paz, Sergio Hermida, Ismael Freire, Anxo Rey, Eloy Galdo e Samuel Seco. Curiosamente, despois do 9-0, o visitante Rubén Vilar maquillaba o marcador cun dobrete.

Rematan terceiros con 33 puntos. Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Xose, Alejandro, Samuel, Dani, Sergio Hermida, Mario Fraga, Manuel, Jandro, Hugo Blanco e despois Anxo, Hugo Bouza, Ismael e David.

CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – EUME DEPORTIVO (5-7)
GALICIA DE CARANZA – CD CARIÑO “B” (4-2)

Derrota do Alevín A pontés ante o Eume Deportivo 5-7, co que os de Pontedeume conquistan o título de Liga deste grupo segundo. Os visitantes foron por diante no marcador todo o encontro, 0-1, 1-4, 3-6, ata o definitivo 5-7. Estivo moi atinado Sixto, que anotou catro goles e os tres primeiros do seu equipo. Polo conxunto pontés anotaron Alex Montero (2), Diego Purriños (2), e Sergio Cabarcos. Tamén perdeu o Alevín B 4-2 na súa visita a Ferrol, a pesar de adiantarse 0-2 con tantos de Anxo Blanco e Diego Lozano. Ambos rematan a Liga, segundos con 41 puntos, e sextos con 22.

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – GALICIA DE CARANZA “D” (3-2)
SD O VAL – CD AS PONTES “B” (4-0)

Sufrido triunfo do Benxamín A 3-2 ante o noveno, que lle serve para manter o liderado de grupo con 45 puntos, por 44 do Caranza C e 42 do Ánimas, que tampouco fallan, antes de visitar ó Cebarca, oitavo. Tantos de Adrián Díaz, Xalo Graña e Destaw Pellón. De mala maneira rematou a Liga o Benxamín B pois perdeu 4-0 na casa do que era antepenúltimo clasificado, O Val. Rematan sextos con 20 puntos.

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
EUME DEPORTIVO – CD AS PONTES (2-5)
CD AS PONTES “B” – CD CARIÑO (8-2)

De inmellorable maneira rematou a Liga o Prebenxamín A que venceu en Pontedeume 2-5, tantos de Lucas Blanco, Nacho Villasuso, Alex Basanta, Íker Ares e Felipe Riveira. Víronse prexudicados pola derrota 3-0 do Racing de Ferrol ante o CD Narón, pero rematan a Liga dos mellores nunha inmellorable cuarta praza con 35 puntos, so por detrás de O Freixo (46), Racing (39) e o equipo naronés (37). Goleada do Prebenxamín B 8-2 ante o Cariño, catro tantos de Xoel Galego, dous de Íker Díaz, un de Martín Laherrán e outro de Mario Lozano. Terceiros con 40 puntos, visitan ó Val, oitavo.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios