PALESTRA MULLER E DEPORTE

Xunt@s por As Pontes celebra unha nova charla informativa este venres, centrándose desta volta na situación da muller no deporte.

274

Xunt@s por As Pontes celebra unha nova charla informativa este venres, centrándose desta volta na situación da muller no deporte.

Día: venres 12 de maio
Hora: 21:00h
Lugar: Salón de Actos – Casa Dopeso

Mesa redonda, aberta ao debate e intervencións das asistentes que así o desexen, na que participarán:

– Pilar Neira Mosquera: futbolista e adestradora, liderou o vestiario da selección nacional galega de fútbol feminino. É neste momento presidenta da Asociación de Mulleres Deportistas de Galicia (MUDEGA).
– Lucía Legaspi Bouza: Veciña e agora exdeportista, varias veces campioa de Galicia, de España, e bronce no Europeo Júnior de Croacia 1996 mais no Mundial Júnior de Barcelona 1996 de Taekwon-do.
– CARLA DA SILVA CASTRO: Educadora física e xogadora de rugby. Subcampioa de España, tanto a nivel de clubes coma coa selección galega.
– Noelia Rodríguez Álvarez: Educadora social.
– Manuela Vilaboy Romero: Educadora Familiar no Concello de Xermade.

Falarase da situación da muller no deporte, de experiencias persoais, da proxección de futuro, do tratamento do deporte feminino nos medios de comunicación, estudos de xénero neste ámbito, do sexismo, de conciliación, de visibilización da muller e de experiencias exitosas noutros concellos da contorna.
Convidamos a toda a veciñanza ao acto, especialmente a todas e todos os deportistas da nosa vila; animámolas a intervir no coloquio e compartir as súas experiencias e inquedanzas.

Máis información en http://www.xuntosporaspontes.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios