CHEGADA DAS WORLD SERIES RAID GALLECIA 2017

Na tarde deste xoves chegaron os dous primeiros clasificados, os galos do Naturex e do Team FMR.

497

Na tarde deste xoves chegaron os dous primeiros clasificados, os galos do Naturex e do Team FMR.

Na tarde algo chuviosa deste xoves chegaron á meta da Praza do Carme os primeiros clasificados das World Series Raid Gallaecia 2017 desputadas entre As Pontes e outros 14 Concellos da Comarca.

Tras tomar a saída o luns a primeira hora do día, cun pouco de adianto sobre o horario previsto de chegada, sobre as sete e media da tarde, arrivou o conxunto francés do Naturex, natural de Avignon, de Sebastién Raichon, Thomas Gaudion, Sonia Furtado e Romuald Viale.

A pesar de ir moi preto dos primeiros clasificados durante todo o día, os segundos clasificados, o tamén conxunto galo do Team FMR, desorientáronse cando pasaban polo Lago, polo que acabaron chegando á meta case unha hora despois que os primeiros. Integraban o equipo Clémet Valla, Louis Smets, Lucie Croissant e Baptiste Turrel.

Do resto dos once equipos que aínda continúan en competición prevese a súa chegada para mañá. De momento de terceiros van os estonios do ACE Adventure e na sexta praza o Tracktherace.com Team de Felipe Peña, David Castro, Lucas Freire e Mariana Pontes, que ao mesmo tempo serían o segundo dos equipos españois.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios