Copa Local de Futbol Sala As Pontes 2017

Cuartos de Final da Copa Local de Futbol Sala de As Pontes.

268

Cuartos de Final da Copa Local de Futbol Sala de As Pontes.

O vindeiro domingo día 14 de Maio no Pavillón Municipal de As Pontes disputaranse os Cuartos de Final da Copa Local de Futbol Sala de AS Pontes. Uns cuartos de final que se preven moi igualados e que comezaran ás catro da tarde co encontro entre o Estanco Maricarmen e O Esteo F.S. “B”. Un encontro adiantado xa que se ia xogar ás oito do serán e no que non ai un claro favorito para levarse a victoria. O Esteo ven de colleitar unha contundente vitoria na Fase Previa disputada o pasado Domingo ante o Ribadeume F.S. por 7 goles a 4 o que lle pode dar un plus de motivación ante un Estanco Maricarmen mais dun mes sen competir.

Acontinuación ás cinco da tarde o Husse-Barbarroja tentará dar a sorpresa ante A Cova dos Trasnos nun encontro no que A Cova dos Trasnos é o favorito a levarse a vitoria e así pasar a semifinais pero non debe fiarse dun rival que se ten dispoñibles tódolos seus efectivos e moi difícil de batir.

Ás seis da tarde o sorteo deparou revivir o emocionante encontro da derradeira xornada da liga que decidiu o campión, trátase do encontro entre Unión Futbol Sala e o Bar Calvo. Encontro no que seguro que a Unión Futbol Sala buscará a revancha daquel partido que se empatou ao final o Bar Calvo cun gol non exento de polémica pero que serviu para que se proclamara campión de liga. Seguro que será un encontro moi intenso, disputado e entretido entre dous conxuntos con estilos de xogo moi diferentes.

E por último, as sete da tarde Pinturas Colormix e Matojoma-Las Torres loitaran por un posto nas semifinais do vindeiro domingo 28 Maio. O Matojoma-Las torres parte como favorito para facerse coa vitoria pero non debe fiarse dun Pinturas Colormix que ven de gañar por goleada ao N.G. UB2 Futsal e que na derradeira xornada de Liga e contra todo pronóstico conseguiu arrincarlle un punto ao seu rival nesta eliminatoria.

A continuación deixamosvos cos horarios e emparellamentos duns apaixoantes Cuartos de Final.

16:00 h. ESTANCO MARICARMEN – O ESTEO F.S. “B”
17:00 h. HUSSE-BARBARROJA – A COVA DOS TRASNOS
18:00 h. UNION FUTBOL SALA – BAR CALVO
19:00 h. PINTURAS COLORMIX – MATOJOMA-LAS TORRES

Nova cortesía de Moises Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios