SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: CFS ZAMORA- O ESTEO FS (5-1)

O Esteo é oitavo a falta de unha xornada. 

202

Derrota dun Esteo, que apenas presentou sete xogadores, 5-1 na súa visita ó histórico Zamora, terceiro clasificado, non non menos histórico Pavillón Ángel Nieto.

A pouco do comezo adiantábanse os locais, nunha xogada na que Antonio lle gaña a partida ós defensas e bate a Javichu. E preto do descanso chegaban outros dous tantos que case sentenciaban o encontro.

No segundo tempo, e con porteiro-xogador, os locais anotaron dous tantos máis, completantdo Chivu o seu hat trick, e Héctor puxo o da honra.

O Esteo é oitavo con 31 puntos antes de pechar a Liga a vindeira fin de semana recibindo ó Albense, sexto.

FICHA DO PARTIDO

FS ZAMORA: Imanol, Guille, José, Morales, Antonio –cinco inicial- Andrés, Chivu e Iván.

O ESTEO FS: Javichu, Héctor, Púas, Lito, Rober Paz –cinco inicial- Héctor, Dani.

ÁRBITROS: Hevia Campa, Santoveña Fernández (Asturias), Álvarez Rodríguez (Zamora). Amarelas a Imanol e Rober Paz.

GOLES: Min. 3 (1-0), Antonio. Min. 15 (2-0), Guille. Min.17 (3-0), Chivu. Min. 32 (4-0), Chivu. Min. 33 (4-1), Héctor. Min. 37 (5-1), Chivu.

INCIDENCIAS: Vixéxima quinta xornada xornada de liga do grupo primeiro da Segunda División B disputado no Pavillón Municipal Ángel Nieto.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios