PLAN PROXECTA: Aprendo programando

Os alumnos de tecnoloxía de 3º E.S.O. do IES Castro da UZ participan no concurso: “Deseño de aplicacións informáticas coa ferramenta Scratch”

373

Os alumnos de tecnoloxía de 3º E.S.O. do IES Castro da UZ participan no concurso: “Deseño de aplicacións informáticas coa ferramenta Scratch” organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) en colaboración coa Presidencia da Xunta de Galicia (Axenda para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) como promoción do uso da programación como ferramenta para desenvolver as competencias do alumnado. Según as bases do concurso cada centro só pode participar con un máximo de tres proxectos. Os proxectos consisten en relatos e videoxogos interactivos programados con Scratch e cun eixo común: “convivir en igualdade”.

Se queredes ver os tres proxectos enviados, aquí tes a web onde están os proxectos dos centros de Galiciaque participan: https://scratch.mit.edu/studios/3972045/

Os proxectos presentados polos alumnos de tecnoloxía de 3º E.S.O. do IES Castro da UZ son:

A HISTORIA DE ÁNGELA RUÍZ ROBLES https://scratch.mit.edu/projects/155756669/

XOGANDO POLA IGUALDADE https://scratch.mit.edu/projects/152968287/

UN PASEO POLA IGUALDADE https://scratch.mit.edu/projects/152967183/

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios