DO 17 Ó 21 DE XULLO CELEBRARASE NO CAMPO DO POBOADO O DÉPORCAMPUS 2017

O Deportivo da Coruña escolleu este ano unha nova sede para o seu campus que organiza tódolos veráns. Está dirixido a nenos e nenas entre os 6 e os 14 anos.

305

O Deportivo da Coruña escolleu este ano unha nova sede para o seu campus que organiza tódolos veráns. Será no campo pontés do Poboado do 17 ó 21 do vindeiro mes de xullo. Está dirixido a nenos e nenas entre os 6 e os 14 anos.

O acto de presentación tivo lugar este luns no salón de plenos da Casa do Concello. Nela estiveron presentes Tino Fernández, presidente do Deportivo, xunto a Xaime Castro, presidente do CD As Pontes, a tenente de alcalde do concello de As Pontes, Montserrat García, e Chicho Tembrás, concelleiro de deportes.

Os interesados en participar poden informarse a través da web deporcampus.rcdeportivo.es ou nas propias instalacións do Club Deportivo As Pontes. O prazo de inscrición remata o 13 de xullo.

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios