CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: RESULTADOS 19-20 / MAIO /2017

O feminino consigue pasar a cuartos de final. O Xuvenil e o Cadete pasan a semifinais da Copa Afaco. O Xuvenil e o Cadete pasan a semifinais da Copa Afaco

356

O feminino consigue pasar a cuartos de final. O Xuvenil e o Cadete pasan a semifinais da Copa Afaco. O Xuvenil e o Cadete pasan a semifinais da Copa Afaco

COPA FÚTBOL 8 FEMININO (oitavos de final)
CD AS PONTES – CF MANDIÁ (5-2)

Triunfo 5-2 do equipo feminino nos oitavos de final da Copa de Ferrol. Paula Castro e Carlota adiantaron ó equipo no primeiro período, e aínda que Juliana recurtaba distancias despois do descanso, tres tantos de Noelia Ameneiro, Xeila, e un segundo de Carlota poñían o 5-1 no marcador, que Estefanía maquillou no último minuto.

Xogaron Leti, Carolina Paz, Noelia Santalla, Nuria, Yoli, Noelia Ameneiro, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara e Alba.

COPA AFACO XUVENIL

O Xuvenil pontés venceu en San Sadurniño 1-6 ó Amistade de Meirás e clasificou para as semifinais de Copa, nas que xogará contra o Galicia de Mugardos.

COPA AFACO CADETE

O Cadete pontés venceu no grupo disputado nos Pinares, onde gañou 3-0 ó Perlío, 1-0 ó Miño, empatando 1-1 co Narón B. Xogarán en semifinais contra o gañador do Grupo 1.

COPA AFACO INFANTIL

O equipo infantil xogou na casa o seu grupo de Copa, quedando eliminado tras perder ante Narón B 0-1, que foi o equipo que clasificou, empatar 3-3 co Ortigueira, vencendo nos encontros ante Eume (2-0) e Miño 3-1.

CATEGORÍA BENXAMÍN (Liga)
CD AS PONTES – SDR ÁNIMAS (2-3)

Despediuse da Liga o Benxamín A ó caer 2-3, goles de Íker Ares e Adrián Díaz no último minuto, ante un Ánimas que foi por diante todo o encontro, o que aproveita o Caranza C para proclamarse campión de Liga con 50 puntos, por 48 dos ponteses que descansan na derradeira xornada, e 45 dos ferroláns do Ánimas, que de gañar ó quinto clasificado Meirás na derradeira xornada acabarán quitándolle a segunda praza ós ponteses pois teñen gañado o goal average.

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (Liga)
CD AS PONTES “B” – CD SAN SADURNIÑO “B” (14-0)

O Prebenxamín B gañou 14-0 ó San Sadurniño B, con seis goles de Xoel Galego, dous de Íker Díaz, Mario Lozano e David Otero, e un de Xalo Cascudo e Guillermo Folgar. Terceiros con 46 puntos despiden a Liga visitando ó Racing de Ferrol B, sétimo.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios