RESULTADOS DO ESTEO NA FIN DE SEMANA

O Alevín gañou a Copa da Terra Chá

331

Os equipos de base do Esteo FS disputaban esta fin de semana as súas respectivas fases finais de cada categoría.

O mellor resultado obtívoo o Alevín, que resultou gañador da Copa da Terra Chá, tras vencer en semifinais 8-3 ó Cospeito e 8-2 ó Concello de Guitiriz na final.

Pola súa banda, tamén na Copa da Terra Chá, o Cadete perdeu 2-8 co Guitiriz na final, tras vencer 2-1 ó Begonte en semifinais. O Prebenxamín perdeu 0-5 co Begonte na final, tras haber gañado3-0 ó Castro nas semifinais.

Na Copa Provincial, o Benxamín venceu 8-3 ó Ponteceso nas semifinais, caendo na final 0-2 ante o Arzúa. Este mesmo equipo gañara nas súas semifinais de Copa da Terra Chá ó Castro por penaltis, tras empatar o encontro 4-4, pero renunciou a xogar a súa final ó coincidirlle coa competición da Copa Provincial.

Tamén na Copa Provincial, o equipo Infantil perdeu as semifinais contra As Baleas 1-9, e na loita polo bronce 2-10 ante Poeta Añón.

Nova cortesía de Diego Vinicius, Pablo Montero e XF

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios