Copa Local de Futbol Sala de As Pontes

O vindeiro domingo día 28 de Maio remata a tempada na competición local de Futbol Sala no Pavillón Municipal de As Pontes coa disputa das semifinais e gran final da Copa Local de Futbol Sala.

274

O vindeiro domingo día 28 de Maio remata a tempada na competición local de Futbol Sala no Pavillón Municipal de As Pontes coa disputa das semifinais e gran final da Copa Local de Futbol Sala.

Unha xornada final que comezará as cinco da tarde coa disputa da primeira semifinal na que se enfrontaran o Pinturas Colormix e o Estanco Maricarmen nun encontro ao que o Pinturas Colormix chega coa moral alta despois de eliminar contra todo pronóstico a un dos equipos que era favorito para gañar a Copa nos cuartos de final desta edición como era o Matojoma-Las Torres. Pola contra o Estanco Maricarmen ven de gañar nesa mesma eliminatoria ao Esteo F.S. “B” polo que se prevé que se sexa un encontro moi igualado e disputado entre dous clásicos do Futbol Sala pontés.

As seis da tarde terá lugar a segunda semifinal na que se enfrontaran un sorprendente Husse-Barbarroja e a Unión Futbol Sala nun encontro no que este último parte como favorito pero non se pode confiar dun Husse-Barbarroja que ven de eliminar contra todo pronóstico a un dos grandes favoritos a levarse a Copa como era A Cova dos Trasnos. Pola contra a Unión Futbol Sala ven de eliminar a outro dos favoritos, ao Bar Calvo, no que foi a revancha do encontro da última xornada de Liga.

A gran final da Copa Local de Futbol Sala 2017 está programada para as Oito do Seran e a continuación terá lugar a entrega dos trofeos da tempada 2016/2017.

Deixamosvos cos emparellamentos de semifinais e a hora da final

SEMIFINAIS E FINAL DOMINGO 28 DE MAYO NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE AS PONTES

17:00 h. 1ª Semifinal à ESTANCO MARICARMEN – PINTURAS COLORMIX
18:00 h. 2ª Semifinal à HUSSE-BARBARROJA – UNION FUTBOL SAL
20:00 h. Final e a continuación entrega de trofeos.

Nova cortesía de Moises Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios