CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: RESULTADOS 26-27 / MAIO / 2017

O xuvenil pontés pasa á final da Copa Afaco e o Feminino a semifinais da Copa de Ferrol.

478

O xuvenil pontés pasa á final da Copa Afaco e o Feminino a semifinais da Copa de Ferrol.

COPA FÚTBOL 8 FEMININO (Cuartos de final)
CD AS PONTES – CCRD PERLÍO (4-0)

O equipo feminino clasificou a semifinais da Copa de Ferrol tras gañar este sábado a noite ó Perlío por 4 goles a 0, con sendos dobretes de Paula Baamonde e Noelia Ameneiro.

O encontro resolveuse no primeiro periodo. Abriu a lata Paula Baamonde que nunha gran xogada avanzou ata o borde da área e coa punteira tirou o balón ó segundo pau, a onde non puido chegar a porteira visitante. Na xogada seguinte queda soa Noelia Ameneiro ante a gardamallas visitante e batea de tiro cruzado.

O 3-0 chegou nunha falta que bota Paula Baamonde, semella que ía rematar Paula Castro dentro da área, o que despista á porteira e o balón acábaselle colando por debaixo. O 4-0 que sentenciaba o partido chegaba por medio dun golazo de Noelia Ameneiro, que colleu un rexeite tras un corner, para dende o lateral da área, meter o balón polo escuadro do segundo pau dun forte disparo.

O As Pontes semella que xogará as semifinais na casa do campión Maniños, mentres que a outra a disputarían San Sadurniño e Racing de Ferrol.

Xogaron de inicio Leti, Yoli, Noelia Ameneiro, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara, e Alba e despois entraron Noelia Santalla, Carolina Rodríguez, Carolina Paz e Xeila.

COPA AFACO XUVENIL (Semifinal)
CD AS PONTES – GALICIA DE MUGARDOS (5-2)

Triunfo do Xuvenil na súa semifinal da Copa Afaco 5-2 ante o Galicia de Mugardos, o que lle serve para clasificarse para a final, que xogará contra a Cultural Maniños, que eliminou na quenda de penaltis ó CD Narón.

Chegaba a As Pontes o quinto clasificado da Liga, pero dous goles de Cristian no primeiro tempo, e outros dous do xogador coruñés no inicio do segundo, un deles un golazo de falta, situaban o 4-0 que semellaba a sentenza, e aínda que os mugardeses recurtaron ata poñerse 4-2, un tanto de Manuel Romero establecía o 5-2 definitivo que lle sirve ós de Felipe Mieres para disputar a final a vindeira semana.

Nun partido no que se puido ver nos graderíos do Poboado a dous históricos como Javi Salido, o xogador con máis tempadas no primeiro equipo, 15, e Alfonso Martínez, mítico dianteiro da época gloriosa de Segunda B, once campañas no conxunto azul, xogaron Lino, Fraga, David, Bruno, Unai, Andrés, Iago, Jaime, Cristian, Casas e Josiño, entrando despois Carlos, Alex, Cazás e Manuel Romero.

COPA AFACO CADETE (Semifinal)
SD O VAL – CD AS PONTES (4-0)

Non puido o Cadete no seu desprazamento a Sinde onde caeu ante O Val por 4-0 nas semifinais da Copa Afaco poñendo fin á súa participación neste torneo, que non deixa de ser salientable, dado que pasou a primeira rolda, e o equipo valexo era o único dos semifinalistas que xogou no grupo primeiro de Liga, o dos mellores, acabando ademais de sexto.

CATEGORÍA BENXAMÍN (Liga)
CD AS PONTES A 8Descansa)

Non xogou esta fin de semana o Benxamín A pontés, pero si remataba o seu grupo e facíao co triunfo do Caranza C con 53 puntos, acabando os azuis na segunda posición con 48, debido ao empate a 2-2 entre Ánimas e Meirás, o que deixa ós ferroláns terceiros con 46 puntos.

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (Liga)
RACING DE FERROL “B” – CD AS PONTES “B” (3-6)

O Prebenxamín B pontés rematou a Liga con triunfo en Ferrol 3-6, tras remontar un 2-0 e un 3-3 faltando 4 minutos, con tres goles de Íker Díaz, dous de Xoel Galego e un de Brais Varela, o que lle permite acabar na terceira posición con 49 puntos, só por detrás de Cultural Maniños (51) e Cebarca (54).

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios