Cursos de vela de verán no lago de As Pontes

Xa está aberto o prazo de inscripción nos cursos de vela de verán do Club de Vela Fluvial As Pontes, que a partir do vindeiro luns 19 de xuño e durante os meses de xullo e agosto ata o 8 de setembro se impartirán no lago de As Pontes.

346

Como ven sendo habitual os cursos de vela estarán abertos a nenos/as a partir de 7 anos e adultos, que poderán aprender a navegar ou mellorar a súa técnica nas diferentes embarcacións que pon a disposición o club.

Os cursos volverán a desenvolverse no Lago de As Pontes, en quenda a escoller ben de mañá (10:00 a 14:00 hs.), ou ben de tarde (16:00 a 20:00).

Terán unha duración de 20 horas, repartidas semanalmente de luns a venres.

O importe dos cursos será de 66 € (50 € de matrícula + 16 € de licenza federativa que inclúe o seguro do alumno).

Optativamente, para quen o desexe, existe a posibilidade de facer unha segunda ou sucesivas semanas adicionais de curso a un prezo de 30 €.

Información e inscricións por calquera de estas tres vías:

– Correo electrónico: clubdevelafluvialaspontes@gmail.com
– Teléfono: 639 608 128 649 461 684
– Caseta do Club de Vela Fluvial As Pontes no Lago de As Pontes.

Cursos de vela de verán no lago de As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios