Estragan unha vivenda da zona histórica das Pontes

Arrancaron as persianas, romperon portas e ventás e fixeron pintadas na fachada. Os veciños non saben quen pode estar detrás de tal desfeita e apuntan que a zona é frecuentada para facer botellón.

501

No concello coruñés das Pontes uns vándalos causaron estragos nunha vivenda da zona histórica da vila. Os veciños denuncian a falta de seguridade e o estado de abandono que sofre o lugar, situado a carón do paseo fluvial do río Eume.

Os últimos estragos na zona histórica da vila das Pontes rexistráronse nesta casa nova aínda en obras. Os vándalos arrancaron as persianas, romperon portas e ventás e fixeron pintadas na fachada. Os veciños recoñecen que non saben quen pode estar detrás de tal desfeita e apuntan que a zona é frecuentada sobre todo durante as fins de semana por xente nova que se despraza ata este lugar para facer botellón.

O vandalismo é unha preocupación para a veciñanza, pero non é a única. Tamén denuncian o estado de abandono que está a sufrir a contorna da rúa da Igrexa. Din que o paseo fluvial é un perigo tanto para os veciños como para os que visitan o lugar que discorre a carón do río Eume que, aseguran, tamén está abandonado .

Reclaman medidas ás administracións para mellorar a seguridade e limpeza na zona.

Fonte TVG

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios