MESA DE TRABALLO “Construíndo un movemento feminista en As Pontes” – Conclusións

O pasado venres 2 de xuño mulleres da vila de todas as idades e de tódolos ámbitos xuntábanse no soto da Casa Dopeso para comezar a dar forma ao que será o movemento feminista da nosa vila.

320

O pasado venres 2 de xuño mulleres da vila de todas as idades e de tódolos ámbitos xuntábanse no soto da Casa Dopeso para comezar a dar forma ao que será o movemento feminista da nosa vila.
 
Adoptando o formato de “mesa de traballo” pretendíase favorecer a participación de todas as presentes, como así aconteceu, aportando cada unha das asistentes os seus coñecementos, experiencias e ideas, que enriqueceron o debate.
 
Entre as conclusións e acordos que se acadaron, destacamos a necesidade de concienciación da veciñanza nas cuestións de xénero, a necesidade de autoorganizarse para loitar unidas polos dereitos da muller, a necesidade de traballar pola igualdade en tódolos ámbitos (sociais, deportivos, laborais, etc.) da vila, con especial incidencia na educación, na visibilización e na información a tódolos niveis, e a necesidade de abrirse e ampliarse a todas as mulleres do noso concello.
 
O colectivo xuntarase tódolos primeiros venres de mes, ás 20:00h, e está aberto á participación de TODAS as mulleres de As Pontes.
 
Máis información e actualizacións na páxina de Facebook “Colectivo Feminista As Pontes
 
As Pontes, 4 de xuño de 2017

Colectivo Feminista As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios