CAMPEONATO GALEGO CLASE VAURIEN – XVIII REGATA VILA DE AS PONTES

Esta fin de semana foi presentada a XVIII Regata Vila de As Pontes para a clase Vaurien que este ano ademáis terá a calificación de Campeonato Galego, polo que dela sairá o campeón galego da clase para o ano 2017, e que se celebrará os vindeiros 17 e 18 de xuño no lago de As Pontes.

252

A organización desta cita corre a cargo do Club de Vela Fluvial As Pontes, coa colaboración da Federación Galega de Vela, a Secretaría Galega da Clase Vaurien e o Concello de As Pontes.

A parte das tripulacións galegas está prevista a participación de representantes cántabros, vascos e extremeños.

Disputaranse tres probas ou mangas cada un dos días de competición. O sinal de saída para a primeira proba do día 17 está prevista para as 14:00 hs., mentres que a primeira saída do día 18 estará prevista para as 11:00 hs.

Nova cortesía do Club de Vela Fluvial As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios