Primeiro día de competición en Antalya

Este mércores disputouse o round clasificatorio

222

Este mércores foi o primeiro día de competición na Copa do Mundo de Turquía, que se disputará na cidade costeira de Antalya. Primeira xornada na que tiña lugar o round clasificatorio de 72 frechas.

Miguel foi 41º dos 88 participantes con 651 puntos. O mellor español foi Pablo Acha, 31º con 655 puntos, competidor que polo tanto clasificou xunto á mellor representante española, Alicia Marín, para os oitavos de final da competición mixta, na que defrontarán a Kazajistán.

Dos outros españois, Sergio Del Olmo foi 50º con 646 puntos, e Miguel Ángel Pifarre 61º con 641. O mellor foi o xenial Brady Ellison, que anotou 686 puntos, nove máis que o segundo, o francés Valladont.

Nas roldas eliminatorias Alvariño enfrontarase ó 72º clasificado, o rumano Andrei Danila. Por equipos, Acha, Alvariño e Del Olmo acadaron a decimo terceira praza con 1952 puntos, e en oitavos de final cruzaránse con Ucraina, que foi cuarta con 1989.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios