Exposición artística “OPOSTOS” de Artpo

Esta exposición de ARTPO é novidosa en canto á súa presentación, xa que ao contrario que en mostras anteriores, onde buscabamos a unidade, o consunto na presentación das distintas pezas, nesta ocasión as obras relaciónanse por parellas, en forma de oposición, de contraste.

Sala de exposicións do Mercado Vello do 12 ó 18 de xuño.

267

ARTPO nace en As Pontes como grupo artístico no ano 2012 coa finalidad de unirse para expoñer, pintar e traballar por intereses comúns dos artistas da comarca.

O 2 de marzo de 2016 constituese como asociación cultural na súa primeira reunión de socios. En varias ocasións fanse exposicións nas que, a parte de pintura, compartiron espazo a ilustración, escultura, manualidades, poesía e fotografía.

Así mesmo, viaxou a outros concellos como Cerdido (A Coruña) e Cervo (Lugo) onde se expuxo a arte dos asociados e como non, deuse a coñecer o concello de As Pontes.

Colaborou con outras institución como en “Nadal Pirata”, co Conservatorio municipal, e coa Biblioteca, creando os 6 marcapáxinas e a bolda do aniversario.

Esta exposición de ARTPO é novidosa en canto á súa presentación, xa que ao contrario que en mostras anteriores, onde buscabamos a unidade, o consunto na presentación das distintas pezas, nesta ocasión as obras relaciónanse por parellas, en forma de oposición, de contraste: cálidos/frios, cor/branco e negro, día/noite; masculino/feminino,… Podemos ver distintas técnicas, como o acrílico, óleo, collage, cestaría,… sobre todo sobre lenzo, de varios socios de ARTPO.

Esperamos que lles guste.

Recomendamos a nosa páxina de Facebook onde podedes ver a galería dixital das nosas obras, eventos, noticias e enlaces con consellos sobre arte: https://www.facebook.com/ArtpoASPontes/

Horario da exposición:
martes a venres de 18:30 a 20:00
sábado e domingo de 11:30 a 13:00

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios