Roldas eliminatorias en Turquía

Alvariño conclúe nunha boa sexta praza tras caer en cuartos ante o gran Brady Ellison

170

Na mañá deste venres disputáronse en Antalya as eliminatorias individuais entre os 32 mellores. Igual que no día de onte, Alvariño resolveu dúas eliminatorias na frecha de desempate.

En dezaseisavos de final tivo unha vitoria de prestixio, ante o italiano dobre campión olímpico Marco Galizazzo, ouro individual en Atenas 2004, e ouro por equipos en Londres 2012. Impúxose 6-5, con 9-9 na frecha de desempate, pero obtendo Miguel o nove máis centrado.

A mesma circunstancia se deu nos oitavos de final ante o ucraino Yuriy Havelko, tras gañar tamén 6-5, e tamén con 9-9 na frecha de desempate, e o nove máis centrado.

Xa nos cuartos de final cruzouse co gran Brady Ellison, o mellor da previa, perdendo 6-2, acabando na sexta praza. Final que disputará o estadounidense, plata por equipos e bronce individual en Río, co francés Valladont, plata individual na competición brasileña, e verdugo de Pablo Acha en dezaseisavos de final, 6-0.

Na competición feminina Alicia Marín tamén foi sexta, e pelexará xunto a Pablo Acha, por tratar de traer de Turquía un metal para a delegación española, o bronce en Recurvo Mixto, contra Estados Unidos. Polo ouro competirán Francia e China Taipei.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios