Xornada por equipos en Turquía

España acaba sétima, e Alvariño e Acha pasan á rolda dos 32 mellores en individual.

194

España acaba sétima, e Alvariño e Acha pasan á rolda dos 32 mellores en individual.

Na Copa do Mundo de Turquía, na xornada do xoves, levouse a cabo a competición por equipos e as primeiras roldas en individuais.

A selección española, que partía coa décimo terceira mellor marca, impúxose 5-4 nos oitavos de final a Ucraina, cuarta da previa, nas frechas de desempate por 28-27, perdendo despois en cuartos ante Xapón, quinta da previa, por 5-1, acabando sétimos. Italia e Kazajistán loitarán polo ouro, e alemáns e xaponeses polo bronce.

Nas roldas individuais, Alvariño venceu con solvencia ó rumano Andrei Danila 6-0, gañando con máis apuros ó croata Matija Mihalic, 24º das tiradas previas, tras gañar por 6-5 na frecha de desempate, facendo ambos competidores diana no dez, pero clasificando Miguel por lograr un dez máis centrado. Nos dezaseisavos de final cruzarase co dobre campión olímpico Marco Galiazzo.

Tamén, tras gañar ó armenio Smbatyan 6-0, e ó xeorxiano Mestvirishvili 6-2, Pablo Acha accedeu á rolda dos 32 mellores, na que se enfrontará nada máis e nada menos que ó actual subcampión olímpico, o galo Valladont.

Dos outros españois, Miguel Ángel Pifarre venceu 7-3 ó alemán Rieger, caendo despois polo mesmo marcador ante o indio Atanu Das. Sergio Del Olmo caeu na primeira rolda 6-2 ante Peng, de China Taipei.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios