Resultados do clube Silex no campionato galego de Pontevedra

O equipo pontés de Tiro con Arco acadou un ouro, un bronce e un quinto posto.

324

Os deportistas do Clube Silex desprazáronse esta fin de semana á cidade do Lérez para a disputa do Campionato Galego de Tiro con Arco ó Aire Libre.

Moi ben estivo Dani Castro na proba de Recurvo Senior, na que resultou vencedor, colgándose o ouro, tras gañar 6-2 na final a Antonio Otero, do Lumelar, que en semifinais eliminara ó mellor da previa, Vicente Veira.

Cristina Castro logrou o bronce en Senior Feminino, por detrás de Noelia Pena e Selene Blanco, tras vencer na final de consolación a Marta Guerrero (Muralla).

Na categoría de Veteranos foi quinto Adriano Romero, nunha proba gañada por Jose María Lema, do DousXsetenta.

Por outra parte o Clube pontés celebra este sábado o seu tradicional Trofeo Sílex.

Nova cortesía do Clube Silex e X.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios