Faleceu “Requeté”, xogador que estivo no Calvo Sotelo pontés dos anos sesenta

Esta tarde recibirá sepultura no cemiterio de Vilalba Jesús Fernández Castro, coñecido futbolisticamente por Requeté, falecido onte ós 83 anos de idade na vila chairega.

564

Esta tarde recibirá sepultura no cemiterio de Vilalba Jesús Fernández Castro, coñecido futbolisticamente por Requeté, falecido onte ós 83 anos de idade na vila chairega.

Nacera Requeté na capital da Chaira no ano 1933 e ós dezaseis anos fichou polo Racing Vilalbés da primeira rexional. No ano 1954 proclamouse campión galego con este equipo. De 1955 a 1958 estivo no Avenida, de Lugo, equipo co que ascendeu á 3ª División.

Na tempada 1958/59 estivo no histórico Club Lemos de Monforte. De 1959 a 1964 fichou polo mítico Calvo Sotelo, antecesor do actual CD As Pontes, logrando o ascenso á Terceira División na tempada 1963/64.

Posteriormente emigrou a Bélxica, onde xogou no Raio Hispánico unha tempada e despois no Dussacren da 3º División belga, colgando as botas ó final da tempada 1967/68. O seu posto habitual era o de medio, destacando polo seu coraxe e total entrega nos partidos.

Retornou a As Pontes e foi traballador de Endesa, onde se xubilou. Tamén foi durante varios anos presidente da Asociación de ex alcólicos de As Pontes. (AF)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios