Borja Prieto consigue tres ouros no campionato de Asturias

Logrou ademáis unha medalla de plata e un cuarto posto, sumando un botín de catro metais.

248

O piragüista pontés Borja Prieto Valera competiu onte sábado no Campionato de Asturias disputado en Trasona.

No K1 200 gañou a súa semifinal e foi segundo na Final A por detrás do seu compañeiro de equipo, o prometedor Juan Oriyés, e por diante do ex Campión de Europa Junior, Javier Castañón, bronce.

No K2 1000 compartía embarcación con Álvaro Fernández Fiuza, triple campión mundial de Maratón, e que en Agosto buscará gañar xunto ó seu compañeiro Walter Bouzán, o seu oitavo Sella consecutivo.

Gañaron a súa semifinal e na Final A venceron cun tempo de 3:28:14, seguido polos dous kaiaks do Ribadesella, que entraron con tempos de 3:29:80 e 3:32:98, o primeiro deles liderado por Pelayo Roza, campión mundial junior.

No K2 200 ambos gañaron a súa semifinal, pero na Final A só puideron ser cuartos, a pouco dos metais.

Mellor lles foi no K4 200, no que Borja, Álvaro, Oriyés e Daniel García Barón lograron o ouro cun tempo de 32:55, por diante de Los Gorilas de Candas, 33:13, e La Ribera Oviedo, 33:87.

Idéntico triunfo no K4 1000, onde Álvaro, Borja, Daniel e Álvaro Gallinal lograron o ouro cun tempo de 3:12:37, por diante de Ribadesella, 3:12:90, e Cangas Aventura (3:20:25).

Gran botín para o deportista pontés, que podería ser aínda mellor na xornada do domingo coas probas de 500 metros, pero el terá que desprazarse a unha competición en Llanes coa canteira do Covadonga.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios