O concello da Capela presenta o evento “Noite no mosteiro”

Terá como eixo cental a iluminación escénica do mosteiro de Caaveiro

1.150

O evento “Noite no Mosteiro” ten como obxectivo poñer en valor o principal recurso turístico do concello de A Capela: o mosteiro de Caaveiro, así como fomentar e dar a coñecer a cultura e tradicións populares deste Concello.

Durante o día desenvolveranse diferentes actividades como mostras de folclore e mesmo unha exposición de fotografías premiadas e finalistas do I Concurso de Fotografía Concello da Capela.

Entre as novidades deste ano está o concerto “Viaje a Ítaca” no que a particularidade reside no instrumento, una serra violín, e a presentación das Fadas do Bosque.

O acto principal terá lugar á noite, e consiste no acendido da iluminación escénica do Mosteiro de Caaveiro, creando unha estampa de luz e cores que resaltarán a beleza deste conxunto arquitectónico. Acompañando o acendido da iluminación, terá lugar un concerto nun dos patios do mosteiro.

A asistencia é libre e gratuita.

O programa completo é o seguinte:

• A partires das 12:30h e ata as 23:00h: exposición de fotografía (aforo limitado)
• 12:30 h, romaxe a Caaveiro, con saída dende o Museo Etnográfico, organizada pola asociación Mosteiro de Caaveiro. Aconséllase levar o propio xantar. “Tal levares, tal comeres”
• 15:00h: misa na igrexa do mosteiro
• 19:00: folcrore tradicional galego
• 21:00h: concerto música de cámara
• 22:30h: concerto “Viaje a Ítaca”
• 23:00h: acendido do mosteiro
• 23:30h: As Fadas do Bosque
• Á 01:00h peche do evento

Disporase de autobús gratuito dende A Capela, con saída da casa consistorial ás 20:00h e ás 21:00h, e regreso dende Caaveiro ás 20:20h, 21:20h, 00:00h e 01:45h. Parte do percorrido hai que facelo a pé (aproximadamente 2,5km), sendo os últimos 200 mtrs de sendeiro, disfrutando do entorno das Fragas do Eume.

Ainda que o servizo é gratuito, é obrigatorio reservar praza, o que se pode facer dende o enlace indicado na web do Concello (www.concellodacapela.es).

O evento está organizado polo Concello da Capela e a empresa Eventi, co financiamento da Deputación da Coruña, e a colaboración do Museo Etnográfico da Capela e de Airiños da Capela.

Máis información en:
http://www.concellodacapela.es/paxinas/gl/turismo/noite-no-mosteiro.php

Eventos


Concello da Capela
As Neves, 46, 15613 A CAPELA (A Coruña)
Teléfono: 981 45 90 06

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios