EYOB SANTAMARIÑA NA FASE FINAL DO CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIÓNS COMARCAIS

A selección ferrolá caeu 1-0 en semifinais ante A Coruña, campión do torneo.

264

Hoxe disputábanse en Boiro as semifinais e final do Campionato Galego de Seleccións Comarcais na categoría sub15, tanto en masculino coma en feminino. Hai pouco máis dun mes xogárase o torneo sub12 en Narón.

A selección masculina de Ferrol, na que estaba o pontés Eyob Santamariña, de 13 anos, xogaba as semifinais, que perdía por un axustado 1-0 ante a selección de A Coruña, que posteriormente se impuxo a Vigo na gran final, xa que o equipo olívico vencera 2-0 a Ourense na outra semifinal.

Precisamente contra a selección ourensá xogaron o terceiro posto que acabaron gañando os vermellos, tamén por 1-0, concluindo a selección de Ferrolterra na cuarta posición final, igual que o combinado feminino sub12 no que estaba Patricia Adega.

Na categoría feminina tamén houbo vitoria da selección herculina, que gañaba Santiago na final, equipo que se desfixera de Vigo na quenda de penaltis.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios