Dúas novas altas no CD As Pontes

Xa son 16 os xogadores ás ordes de Marco Roca

410

O CD As Pontes conta a día de hoxe con 16 xogadores no primeiro plantel, trala incorporación nos últimos días de Alex Cabarcos, que regresa procedente do Racing Vilalbés, e Quique, centrocampista aresán de 20 anos que o ano pasado xogou no Galicia de Mugardos, no que participou en 32 encontros, con catro goles anotados.

A día de hoxe, o adestrador Marco Roca, e aínda que algúns futbolistas poden xogar en varias posicións, dispón do porteiro Paco, no centro da zaga Diego Rego, Roberto Rodríguez e Jandro, e laterais Alex e Criado.

O centro do campo é a zona máis poboada, con Dani, Chis, Fidi, Bossa e Jaime de medios centros, Troncho e Quique de medias puntas, e o extremo Pablo Ramos. Na punta de ataque estarían Pardo e Eloy Díaz.

Agárdanse polo menos unhas tres incorporacións máis, para chegar a 19, ademais dalgúns rapaces da canteira que previsiblemente farán a pretemporada co primeiro equipo.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios