SAMURAI EXTREME RACE AS PONTES 2017

A competición tivo lugar este sábado no lago de As Pontes con preto de mil participantes

810

Preto de mil persoas participaron este sábado no Lago pontés na Samurai Extreme Race, organizada polo Samurai Sports Club, co patrocinino do Concello de As Pontes, Turismo As Pontes, Caeiro, Grupo Amil, Reale Seguros, e preto dunha ducia de entidades colaboradoras.

Aparte de facer deporte nun lugar inmellorable, a competición tiña o gran aliciente de poder colaborar coa Asociación Coppadis “Curemos el Parkinson”. Había competición élite, popular, a máis maioritaria, junior, de 5 a 15 anos, e incluso dos propios voluntarios.

Na categoría élite masculina venceu Javier Barrientos, que superou todos os obstáculos nos case dez kilómetros que tiña o circuito cun tempo de 50:02. A continuación entrou Daniel Suso (51:31) e terceiro Alfredo Freire (52:49).

Na categoría élite feminina venceu Lorena Giraut, cun tempo de 1:01:04, seguida de Jimena Álvarez (1:02:00) e Rebeca Rodríguez (1:02:34).

Na tanda popular, de case 700 competidores, ata cinco deportistas baixaron dos 50 minutos, Víctor Suárez (49:04), Moisés Bereijo (49:25), Luis García (49:25), Marko Formoso (49:41) e Jose Hermida (49:44). Tamén competiron a moi bo nivel Marine Vandeneycken (1:02:57), María Platero (1:03:29) e a local Laura Cabarcos (1:05:10).

Entregaron os trofeos, a Concelleira Montserrat García Chavarría, Jose Rodríguez López “Cope”, de Matojoma e Grupo Tú, e Alberto Amil, Presidente da Fundación Española de Axuda para a Investigación do Parkinson.

Nova Cortesía A.F. e Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios