MARATÓN DE FÚTBOL SALA FESTAS DO CARME 2017

O tradicional torneo veraniego terá lugar esta fin de semana en Santa María

335

Esta fin de semana levaráse a cabo na Pista do Colexio Santa María o tradicional Maratón de Fútbol Sala das Festas do Carme 2017, organizado polo Esteo pontés de Fútbol Sala coa colaboura do Concello de As Pontes.

Haberá, coma ven sendo habitual, torneo masculino, feminino e tamén de veteranos, con premios para os catro primeiros clasificados de cada categoría. Tamén se premiará ó mellor xogador e porteiro de cada torneo. O prezo é de 90 euros para o torneo masculino e de 50 para o feminino e veterano. Hai de prazo para apuntarse, e aboar o ingreso, ata este mércores día 5 de Xullo.

O sorteo levaráse a cabo o xoves ás 20:30, e xa venres, sábado, e domingo coas finais, terá lugar a competición na Pista do Santa María.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios