ACTUACIÓN DO CLUB DE VELA FLUVIAL AS PONTES NA VIII REGATA RÍA DE FERROL

O Club de Vela Fluvial As Pontes acudiu a esta cita con 5 regatistas da clase Optimist. María Lefler, Carla Pérez e Javier Martínez en categoría A; e Carmela Docampo e Carlos Lefler en categoría B.

394

Por octavo ano consecutivo, Ferrol acolleu a 65 tripulacións das flotas galegas das clases Optimist e Láser e, cunha magnífica tarde de regatas de sábado, validouse a regata dado que o domingo a pesares de que o comité de regatas apurou ata a hora límite, foi imposible realizar probas pola ausencia de vento.
O Club de Vela Fluvial As Pontes acudiu a esta cita con 5 regatistas da clase Optimist. María Lefler, Carla Pérez e Javier Martínez en categoría A; e Carmela Docampo e Carlos Lefler en categoría B.

O sábado 8, fíxose boa a predicción meteorolóxica prevista que auguraba ceos cubertos, clareando no transcurso da tarde e ventos nun rango de intensidade de 9 a 15 nos con picos de 16-17, de compoñente norte-nordeste, que fixo que os regatistas que se fixeron ó mar disfrutaran dunha tarde de regatas formidable.
Con esta intensidade de vento, o comité de regatas ordenou o sinal de atención da primeira proba para a clase Láser ás 15:00 e 10 minutos despois para a clase Optimist sobre un campo de regatas de forma trapezoidal para ser cuberto aproximadamente nun tempo de 35 minutos polos Láser e de 45 minutos polos Optimist. Finalmente na xornada do sábado puideron completarse catro probas para as embarcacións da clase Láser e tres probas para a clase Optimist.

O domingo 9 amenceu con ceo cuberto. Non houbo posibilidade de comenzar as pruebas á hora programada dada a ausencia de vento. Aínda así o Comité de Regatas estivo intentando ata o último momento sair ó mar, pero, tras enviar ós balizadores a distintos puntos da ría a tomar medicións de vento para dar a orde de salir ó mar ós regatistas, éstos comprobaron que a lectura máis alta foi de 4 nos de intensidade, o que facía inviable o desenrrolo da regata. Por tal motivo, o Comité de Regatas procedeu á anulación das probas previstas para o día quedando como definitivas as clasificacións coas probas disputadas o sábado.

En cuanto ós 5 regatistas ponteses sinalar que realizaron resultados notables tendo en conta que se medían a representantes dos clubes máis poderosos dentro da vela lixeira galega. Destacar o seu bo traballo e esforzo, destacando a súa entrega a pesares de que as condicións meteorolóxicas fóronse endurecendo no transcurso da tarde.

En categoría A, Javier Martínez foi 16º, María Lefler foi 17ª e Carla Pérez 18ª.

En categoría B, Carmela Docampo foi 13ª e Carlos Lefler foi 15º

Indicar tamén que Alba Díaz do Real Club Náutico da Coruña, pero formada no club pontés, foi a vencedora da categoría B.

Nova cortesía do Club de Vel Fluvial As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios