ASEMBLEA EXTRAORDINARA DO CD AS PONTES

Tivo lugar este xoves 13 no Lar

590

Este xoves ás oito da tarde tivo lugar no Lar pontés a Asemblea Extraordinaria de Socios do CD As Pontes.

O Presidente do Club, Xaime Castro Paz, acompañado da súa directiva, tratou principalmente o tema da dúa continuidade, unha vez rematados os catro anos de mandato, como unha especie de prórroga para tentar de estabilizar un pouco a situación do club tras uns tempos convulsos.

Precisamente se referiu ós problemas económicos ós que tivo que facer fronte a entidade nestes últimos tres anos nos que, a pesar de todo, segundo él “xa se comeza a ver algo de luz”. Dixo, entre outras cousas, que, a traverso da súa asesoría xurídica, agardan recuperar gran parte dos cartos que o club lle tivo que devolver ó Concello, xa que os consideran debidamente xustificados.

Tamén comentou que por mor deses problemas, a tempada pasada apenas puido confeccionar un equipo totalmente novo, a última hora, moi xove, que o deu todo, pero que finalmente non puido manter a categoría.

Destacou como aspectos positivos a gran axuda do Concello, a creación do campo de fútbol indoor, idóneo para as épocas de choiva moi abundantes por estes lares, e resaltou a futura construcción dun campo de fútbol artificial nos próximos meses.

A xuntanza, ante preto duns 60 socios, apenas durou uns tres cuartos de hora, que se resumiron en trinta de exposición do Presidente e quince de preguntas, principalmente relacionadas co campo de céspede artificial.

Nova cortesía Antón e Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios