Percorrendo o Camiño dos Arrieiros

“Percorrendo o Camiño dos Arrieiros” quere ser unha actividade para dar a coñecer esta ruta que empregaban os nosos antepasados para transportar mercancías dende As Pontes ata Bares. Vanesa Trevín – arqueóloga- e Pepe Riola -experto nas lendas e historia da zona- serán os guías perfectos para atopar a razón de ser do camiño e aquelas sinais agochadas ao longo dun trazado de 9 quilómetros delimitado entre O Abeiro de Mañón e Candedo.

282

Nordés organizou fai dous anos unha actividade para coñecer os tesouros da Serra da Faladora. Contamos con Carlos Otero Vilariño para que nos falase dun deles: o Camiño dos Arrieiros. Se queredes saber máis daquela xornada convidámosvos a visitar o seu resumo -premendo aquí.

Unha consecuencia daquela visita invernal foi o desexo de poder percorrer algún día parte do trazado nunha ruta a pé. Daquel desexo, esta realidade que hoxe presentamos ante vós.

“Percorrendo o Camiño dos Arrieiros” quere ser unha actividade para dar a coñecer esta ruta que empregaban os nosos antepasados para transportar mercancías dende As Pontes ata Bares. Vanesa Trevín – arqueóloga- e Pepe Riola -experto nas lendas e historia da zona- serán os guías perfectos para atopar a razón de ser do camiño e aquelas sinais agochadas ao longo dun trazado de 9 quilómetros delimitado entre O Abeiro de Mañón e Candedo.


Localización do Camiño dos Arrieiros en Galicia e toda a súa extensión
Imaxe obtida de OTERO VILARIÑO,C. “Unha ruta en Ortegal: o Camiño dos Arrieiros” en Traballos de Arqueoloxía e Patrimonio, Santiago de Compostela, CSIC, 2003

A xornada está organizada arredor do transporte en autobús, un medio cómodo para poder gozar da programación do 22 de xullo. O transporte comezará a recoller á xente ás 08:30h. na parada de Viveiro (na explanada do mercado, na Variante) e irá parando nos lugares antes concertados (Folgueiro, San Román, O Vicedo, O Barqueiro, Loiba) ata chegar a Ortiguera. Como é necesario anotarse para esta actividade, limitada a 55 prazas, o mellor é precisar a parada onde desexades coller o autobús.

Dende Ortigueira, o autobús subirá cara O Abeiro de Mañón para poder gozar da charla sobre o camiño. Antes disto, parará polo camiño para visitar un conxunto de mámoas que se atopan na Serra da Coriscada.

Logo da charla e cara as 11:30h. comezará a ruta de sendeirismo. Dende Nordés recomendamos levar tanto roupa como calzado axeitado, sen esquecer o importante que é poder hidratarse ao longo do camiño.

Cara as 15:00h. o autobús achegarase a recoller ao grupo de participantes, no punto final do camiño. Deste xeito, poderán gozar dun menú en Casa Urbano composto por: salpicón de bonito de Burela, polo de curral, ensalada con productos da casa, requeixo da granza de Porto Vello, café e bebida.

Para rematar esta xornada, ás 17:00h. o autobús saíra dende o lugar do xantar para deixar a cada quen na súa parada.

Esta actividade ten un prezo (desprazamento+xantar) de 15€/ persoa para as/os socias/os e de 18€/persoa para aquelas/es non socias/os.

Se vos interesa, só tedes que enviarnos un e-mail a asociacion.nordes@gmail.com ou chamar ao seguinte número de teléfono (Ricardo) 653756454.

Agardámosvos!

Nova cortesía da Asociación Nordés

También podría gustarte
Comentarios