A EMIGRACIÓN PONTESA FOI A PROTAGONISTA DO PREGÓN DAS FESTAS DO CARME E A FRAGA 2017

Unha vila non mariñeira como As Pontes celebra dende moi antigo as súas festas patronais na honra da Virxe do Carme, a cal figura como patroa da localidade dende o ano 1858.

530

Unha vila non mariñeira como As Pontes celebra dende moi antigo as súas festas patronais na honra da Virxe do Carme, a cal figura como patroa da localidade dende o ano 1858.

Se en anos anteriores os colectivos do ensino, da sanidade o comercio pontés e a hostalaría foron os homenaxeados, neste ano 2017 As Pontes rendeu unha máis que merecida homenaxe ós emigrantes ponteses espallados por todo o mundo, principalmente en América e Centroeuropa.

Logo da presentación do acto por parte de Erika Caaveiro, redactora da Radiotelevisión Eume, comezou o pregón, que tivo lugar á carón da Casa do Concello nunha tarde un tanto fresca, coas palabras do alcalde do Concello e Vila de As Pontes e Presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, quen, despois de dar a benvida ós veciños e visitantes, comezou o seu discurso cunha frase de Dostoiewski “vivir sin esperanza es cesar de vivir”, para seguir “aquí en este día del Carmen, 14 de julio de 2017, acreditamos esas palabras; hoxe a vila de As Pontes de García Rodríguez disfruta de Esperanza, en este caso en varios dos seus fillos que emigraron da súa vila, hai moitos anos, deixando atrás un país do atraso, o da longa noite de pedra, o da imposibilidade de forxar un destino de proveito, pero a pesar de todo, a súa terra, o seu lugar de nacemento, os ríos e regatos, corredoiras, prados e fragas onde sen dúbida comezaron as súas vidas”.

“José Vázquez, Juan Bouza, José Vivero e os ponteses que emigraron á perla do Caribe, Cuba, representan hoxe aos miles de galegos e centos de veciños e veciñas de As Pontes, que un día tiveron que tomar a tan difícil decisión do desarraigo, a emigración a lugares moi lonxanos” …

“José Vivero viveu na vila, na calle San Juan que leva no seu corazón, e agora representa a España como cónsul en Tampa, Estados Unidos, o país que Norman Mailer defineu ‘como aquel país conformado por aquellos que al dejar su país natal tuvieron que romper raíces antiguas’.

“José Vázquez conquistou Alemania, a terra dos Irmáns Grimm, de Emmanuel Kant ou de Beethoven”.

“Juan Bouza deixou a súa querida terra de San Pedro de Eume, por un país que o músico Leon Gieco defineu como ‘ … un país chiquito, bajo las dos lunas con sus brillos de cristal, uno en lo alto y otro sobre el mar, Uruguay’.

“En todos estes países, nos que reemprenderon as súas vidas tantos ponteses e pontesas, onde a nosa vila así se extendeu, foron acollidos cos brazos abertos, sembrando a esperanza nas súas vidas, apendimos como país, unha lección de humildade, de outras nacións que nos acolleron con solidariedade”.

Finalmente falou de Dolores Guerra, quen “representa a Sociedade de Puentes en la Habana, terra que ten reservada unha gran páxina da nosa historia, que deu unha oportunidade a quen alí chegaba, e foi unha porta á luz alén dos mares, a luz que as Sociedades de Instrucción supuxeron para o mundo rural, tamén o das Pontes, que gracias ao sacrificio de aqueles ponteses decididos a achegar á súa vila de As Pontes as ciencias, as letras, en definitiva a escola. Parece incrible que moitos anos despois aínda nos sigan dando leccións, mentres aquí algúns hoxe pensan en pechar escolas, aqueles que fuxiron da miseria se esforzaron en transmitirnos a importancia da educación”.

O alcalde pontés rematou o seu discurso lendo o prólogo do libro “Sociedad de Instrucción naturales del ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez (1912-2015)”, cuxa autora é precisamente Dolores Guerra López e que será presentado o vindeiro martes 18 (19:00) na biblioteca do colexio Santa María, o mesmo que case hai cen anos construíran os ponteses emigrados na illa caribeña.

Precisamente foi Dolores Guerra a primeira en ler o seu pregón nun amplo e traballado discurso. Dolores estaba acompañada polo seu marido Luis, quen ten familia nas Pontes, os Montes de Oca, apelido orixinario de Burgos que logo pasou a Canarias. A prezada Lila Montes de Oca veu casada con José Caaveiro para o lugar das Barosas dende A Habana, onde nacera, falecendo nesta vila hai uns anos á idade de 92 anos sen volver á súa querida Cuba.

Dolores, doutora en Ciencias Históricas e profesora do Instituto de Historia de Cuba e da universidade da Habana, comezou o seu discurso e entre outras cousas dixo “… que conmemora el fenómeno de la emigración, tema que nos emociona profundamente por haberlo vivido como descendiente por parte materna y paterna de abuelos y bisabuelos españoles procedentes de Galicia, Canarias y Asturias que trajeron en sus corazones todas las esperanzas para hacerla germinar en la hermosa isla de Cuba”.

“…. Los gallegos que se asentaron en la mayor de las Antillas no siempre disfrutaron de una vida fácil, pues el arribo y la integración a su modo de vida, casi siempre fue difícil al enfrentarse a grandes obstáculos. Muchos de ellos no llegaron a realizar el sueño de enriquecerse y retornar a sus localidades de nacimiento”.

Despois de falar das diversas institucións creadas pola emigración en Cuba a finais do século XIX e principios do XX, como as escolas creadas polos Naturales de Puentes en Cuba no concello pontés, Dolores Guerra rematou o seu pregón con “… Faros de grandes luces fueron los naturales de As Pontes, que alumbraron ideas, valores, sueños y realizaciones en distintos campos de la actividad económica y los servicios, la ciencia, el arte, la política. Inmigrantes que dejaron unha huellas profunda de amor y de compromiso eterno entre ambas orillas. Les confesamos que estamos muy felices, porque hoy un sueño se nos hace realidad gracias a ustedes. Gratificados también por la magnifíca acogida que se nos ha tributado en esta histórica Villa de escepcional belleza natural que nos hace sentirnos entre dos patrias”.

Logo tomou a palabra José Vázquez Martínez, nado en Pontoibo e que en 1961 emigrou a Alemaña chegando a ser director dunha fábrica de porcelanas técnicas. Viaxou por moitos países do mundo para vender os seus produtos. Falando sen apuntamento, José Vázquez fixo un repaso da súa vida persoal e mencionando a súa familia de As Pontes presente no acto.

Juan Bouza Martínez foi o terceiro pregoeiro, quen os seus 90 anos mantén unha viva memoria e unha lucidez extraordinarias. Estivo acompañado de familiares residentes na parroquia e outros lugares.

Nado na aldea dos Cadavás na parroquia de San Pedro de Eume. Con 12 anos marchou con súa nai ó veciño Perlío. En 1953 emigra a Uruguay traballando nunha fábrica de pastas frescas, creando posteriormente a súa propia fábrica, que comezou a medrar rapidamente diversificando os seus produtos de envasado pratos italianos.

Logo creou cos seus fillos e dous socios o negocio de pan conxelado, que exporta a varios países. Juan Bouza foi o pioneiro de introducir o queixo de tetilla que el mesmo elaboraba e que bautizou co nome de Cadavás en homenaxe ás súas orixes. Destacou a súa familia como maior tesouro.

Finalmente leu o seu pregón José Vivero López, quen nun amplo discurso falou das súas orixes nas Pontes “… esta es la tierra de mis abuelos, padres, padres, tíos, tías …. y la tercera, de pequeño mis padres siempre me hablaron mucho de As Pontes … y fue aquí en 1952 y 1953 donde pasé los mejores años de mi juventud y sigo guardando muy gratos recuerdos de esta tierra”. “… también quiero aprovechar esta ocasión para rendir tributo a mis padres, los cuales marcharon para Cuba a principios del siglo anterior cuando apenas tenían veinte años”.

Logo recordou a toda a familia das Pontes, os de Calado e os parentes da Resga, rematando o seu longo pregón co poema de Rosalía de Castro “Adiós ríos, adiós fontes, adiós regatos pequenos … “.

Co pregón de José Vivero, orixinario das Pontes, que estivo emigrado en Estados Unidos como profesional no xiro bancario, e incluso foi vicecónsul de España na cidade de Tampa, en Florida; actuou a Banda Municipal de Música de As Pontes, que interpretou varios temas populares,

Ás once da noite proxectouse sobre a fachada da Casa do Concello o espectáculo audiovisual “Videomapping” con música en directo, baixo o título “En memoria dos que non están pero están”.

As Pontes, 15 de xullo de 2017 (AF)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios