ESTE MÉRCORES PRESENTOUSE O CD AS PONTES

O equipo azul ponse en marcha de cara á tempada 2017-18 na Preferente Norte

639

Este mércores á tarde, e tras unha charla do Presidente Xaime Castro, púxose a rodar o CD As Pontes de cara á que será nova campaña 2017-18, de retorno á Preferente Norte tras sete tempadas consecutivas en Terceira.

Fíxoo con sete xogadores que continúan da campaña pasada, Paco, Criado, Jandro, Jaime, Troncho, Pablo Ramos e Rubén Pardo. Retornan ó club, o Mago de Viveiro Bossa, Dani Fernández, Alex Cabarcos, Fidi, Diego Chis, e o goleador Eloy Díaz.

Son novos, o dianteiro ex internacional sub16, Adrián Iglesias, procedente do Castro, e Quique, media punta que chega do Galicia de Mugardos. Tamén o central Rego, ex do Viveiro, e Roberto Rodríguez, procedente do fútbol asturiano e que tamén se desenvolve no centro da zaga.

Estará a proba o xogador colombiano Mateo, e tamén farán a pretemporada, Iago Vázquez, que remata ciclo xuvenil, e os xuvenís Josiño, David, os porteiros Lino e Meidán, e tamén Breijo, Vilela e Óscar Calvo.

Onte presentáronse 24 xogadores, tan só faltaron os gardamallas Paco e Meidán, aínda que, de todas formas, nas semanas que restan ata o inicio da competición, agárdase algunha que outra nova cara, para ter máis fondo de armario no equipo nunha tempada tan longa. Os postos con máis posibilidades son os de porteiro suplente, sobre todo, ademáis dun central e un lateral dereito.

No corpo técnico continua Marco Roca como adestrador, e Santi Expósito de adestrador de porteiros. Incorpóranse Pita, e Fernando como segundo adestrador.

Este vindeiro sábado en Pol o equipo xa terá un primeiro amigable ante o que foi “compañeiro” a pasada campaña en Terceira, e o será este ano na Preferente Norte, o Castro.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios