MIGUEL ALVARIÑO LOGRA PRAZA NO MUNDIAL DE MÉXICO E A COPA DO MUNDO DE BERLÍN

Foi terceiro no selectivo e garantiu a praza nos dous eventos, sendo sexto Dani Castro

245

Esta fin de semana levouse a cabo en Madrid o sexto e último selectivo de cara a composición do equipo español, con vistas á gran cita do ano, o Mundial de México, en outubro, e tamén a Copa do Mundo de Berlín, en Agosto.

Terminou liderando a clasificación folgadamente Pablo Acha, que sumou 117 puntos, por 102 de Miguel Ángel Pifarre e 96 de Miguel Alvariño. Estes tres serán os integrantes españois no Mundial mexicano.

O recente Campión de España Alvaro Simó foi cuarto con 59 puntos, polo que acompañará ós tres primeiros na Copa do Mundo de Berlín. Quedou fóra por pouco Sergio Del Olmo, quinto con 56, e o pontés Dani Castro foi sexto con 33 puntos.

Na competición feminina arrasou Alicia Marín con 140 puntos, sendo segunda Celia Castaños (81) e terceira Mónica Galisteo (61). Serán as tres integrantes españolas en México, e a cuarta, Mirene Etxeberría (60), acompañaraas en Berlín. Por detrás quedaron Nerea López (51) e Miriam Alarcón (37).

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios