PRESENTACIÓN DO LIBRO “SOCIEDAD DE INSTRUCCIÓN NATURALES DEL AYUNTAMIENTO DE PUENTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ 1912-2015”

A biblioteca do colexio Santa María foi o lugar elixido para a presentación deste libro

550

Este martes 18 tivo lugar no colexio Santa María a presentación do libro sobre a historia deste emblemático edificio, publicación editada pola deputación da Coruña e cuxos autores son Dolores Guerra López e Luis Montes de Oca Colina, cubanos de nacemento pero con raíces en España e con familia na vila pontesa.

Fixo a presentación do acto a concelleira de cultura Sonia Sueiro, tomando primeiramente a palabra Luis Montes de Oca Colina, que no seu agradecemento non quixo esquecerse dun veciño pontés xa desaparecido “debemos comenzar por agradecer a la persona que más nos alentó en vida a la realización de este libro, al eternamente querido amigo Julio Seoane, defensor de las tradiciones locales de Galicia y su pequeño terruño, a quien jamás encontraremos la forma de agradecer su apoyo y confianza, pero seguros que hoy en su prematura ausencia, se comprenderá que este resultado es un logro suyo que hemos hecho realidad y que por siempre será fuente de inspiración.”

Logo mencionou a outras persoas pola súa colaboración e axuda. Por citar a algúns, a José García Cabarcos, presidente da Sociedade de As Pontes na Habana, a Jesús Coego, de A Golada; a Julio Varela, a Manuel Souto, a José María López Ferro, director do museo Monte Caxado, a Jesús Penabad, director que foi da sucursal de Caixa Galicia nas Pontes, a José María Penabad López, que foi embaixador de Costa Rica en Cuba e que ten adicada unha rúa nesta vila de As Pontes. Tanto Loli como Luis non se esqueceron dos seus parentes nas Pontes e doutras persoas que lles facilitaron información e fotos deste terruño pontés. Tamén houbo agradecementos para Valentín González Formoso, alcalde pontés e presidente da deputación da Coruña.

Logo colleu o relevo Dolores Guerra, quen comentou minuciosa e detalladamente a historia da “Sociedad de Instrucción Naturales de Puentes de García Rodríguez, 1912-2015”, facendo primeiro unha ampla introdución, “… También nos estimularon unos lazos familiares, pues Liduvina (Lila) Montes de Oca, cubana por nacimineto y unida en matrimonio con José María Caaveiro, natural de As Pontes, radicado en la capital habanera, se dispusieron en un viaje de bodas a visitar su aldea de origen, para que la desposada conociera su familia gallega. Pero, una vez más, la vida juega sus malas pasadas y se desata la Guerra Civil Española, durante este encuentro familiar, resultando imposible el retorno para él y sí para ella de nacionalidad cubana. Por supuesto que la separación no era una decisión que una joven pareja recién casada podía asumir, por lo cual decidieron asentarse en Las Barosas y sembrar sus semillas en este lugar, fructificando en tres hijos que solo recién comienzan a conocer la isla de su madre y a estrechar los más hermosos lazos parentales que se podría pensar.”

Na súa ampla e detallada información, Loli explicou que “… se trata de una línea de investigación que desarrollamos por más de treinta años y que transita por diversas asociaciones de inmigrantes desde la perspectiva tipológica y por regionalidades”.

Rematou este emotivo acto coa sinatura por parte dos autores da publicación ós asistentes a esta presentación. A presentación do libro realizarase posteriormente na Habana.

As Pontes, 18 de xullo de 2017 (AF)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios