DOBLETE PONTÉS NO RALLY DE MOECHE

Nesta ocasión resultou vencedor Pablo Castro, sendo terceiro Francisco Pico

356

Esta pasada fin de semana tivo lugar a cuarta edición do Rally de Moeche.

E coma na anterior cita de Sarria, que inauguraba este Campionato Galego 2017, houbo dous ponteses no podio.

Nesta ocasión era Pablo Castro Pajón o vencedor, cun tempazo de 1:56:98, que fixo na primeira manga, establecendo o récord do circuito. Co tempo que fixo na segunda, 1:57:19, tamén resultaría vencedor.

O segundo posto foi para Jorge Cagiao, da escudería de Ferrol, que fixo unha gran segunda manga, parando o crono en 1:57:44.

En terceiro lugar quedou o pontés Francisco Pico, gañador do Rally de Sarria, que fixo unha gran primeira manga, cun tempo de 1:57:46, moi preto do segundo escalón do podio. Duodécimo era Rafael Prieto e décimo cuarto Jose Antonio Seco.

Así as cousas, Pablo Castro lidera a xeral con 512 puntos, seguido por Pico, que ten 472, ambos do As Pontes Motorsport, por 240 de Jorge Cagiao, restando as probas de Valga, O Castro, Touro e Fene.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios