DEPORCAMPUS AS PONTES 2017

Tivo lugar esta semana no Campo do Poboado

585

Esta semana levouse a cabo o Campus do RC Deportivo de A Coruña nos Campos de O Poboado en As Pontes.

De luns a venres, e en xornadas que foron dende as 10:00 ata as 14:00 horas, preto de 60 cativos e cativas, de entre 6 e 14 anos, aprenderon dos técnicos deportivistas o Método Depor, basado no respeto polo rival, o xogo limpo e o esforzo. Xornadas nas que se levaron a cabo xogos, situacións de aprendizaxe, e tamén se ensinaron diversas habilidades e conceptos.

Ó remate do evento entregáronse os diplomas ós participantes, a cargo do Concelleiro de Deportes, Chicho Tembrás, e Jose Carballo, director xeral do CD As Pontes, entre outros. Tamén se sortearon diversos agasallos, co escudo do Deportivo, da man inocente da pequena Sara.

Por último, deuse a cada participante unha entrada para poder acudir a ver o tradicional trofeo herculino Teresa Herrera, que nesta edición enfrontará ó Deportivo co equipo inglés do West Bromwich Albion, o 5 de Agosto.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios