ADRIÁN MARTÍNEZ VOLVE Ó CD AS PONTES

Futbolista coruñés de 25 años polivalente e de contrastada calidade

571

O CD As Pontes fíxose nas últimas horas con Adrián Martínez, futbolista que xa estivera no club na campaña 2015-16 (xunto ó seu irmán Óscar “La Magia” Martínez).

Trátase dun xogador de contrastada calidade, xa que estivo varios anos no Deportivo B, do que chegou a ser capitán, e tamén pasou por Somozas e Cerceda. Ademais, polivalente, xa que pode xogar de medio centro, central, ou incluso de lateral dereito.

A súa fichaxe é un plus para o plantel, dado que a día de hoxe; e tendo en conta que Bossa, Fidi ou Chis, xogan na medular, pero con proxección ofensiva; o equipo entre o centro da zaga e do medio do campo só tiña, con perfil defensivo, a Dani, Rego, Roberto e Jandro, para unha tempada longuísima.

O equipo xa conta con 18 xogadores no primeiro plantel, agardando a un porteiro suplente, e no que vai de pretemporada sacou un empate 3-3 ante o Castro, tantos de Óscar Calvo, Roberto e Bossa, e unha derrota 4-2 en Somozas, goles de Quique e Josiño. Hoxe xogan no Val.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios