O EQUIPO XUVENIL INICIA A PRETEMPORADA

Un total de vinte futbolistas ás ordes de Felipe Mieres

573

Este martes ás oito da tarde presentouse o equipo xuvenil pontés de cara á tempada 2017-18. O Presidente Xaime Castro adicoulles unhas palabras, e logo o director da base, Iván Rodríguez, presentoulle os xogadores un por un.

Ás ordes de Felipe Mieres e Cascudo, vinte futbolistas fixeron o primeiro adestramento da campaña. A saber, Aldrey, e os xogadores de campo Iván, Bruno, Carlos, Pita, Dani, Chema, Antón, Cazás, Alex e Derick.

Ademais, os que xa estiveron estes días adestrando ás ordes de Marco Roca coma os porteiros Lino e Meidán, e os xogadores, Breijo, Vilela, Óscar, David e Josiño. Son novos no clube Cristian e Pablo González.

Xogarán no Grupo A co campión da campaña anterior, Meirás, e tamén CD Narón, Galicia de Mugardos, Perlío, Cedeira, Ortigueira, Cultural Maniños, Rápido de Neda, San Sadurniño e Portuarios B.

Os seis primeiros de grupo xogarán na Liga dos mellores equipos, e asemade os dous primeiros clasificarán a semifinais de Copa.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios