ADRIÁN LÓPEZ VOLVERÁ A XOGAR EN DINAMARCA

Farao no FC Fredericia, da Segunda Danesa

641

O futbolista pontés Adrián López ven de fichar polo FC Fredericia, equipo que xoga na Segunda División danesa.

O clube, fundado en 1991, competirá con outros 11 equipos, F.Amager, Brabrand, Esbjerg, Koge, Nykobing, Roskilde, Skive, Thisted, Viborg, Vejle e Vendsyssel, disputando un total de 22 partidos nunha Liga que xa comeza a principios de Agosto.

O primeiro clasificado ascende directamente á SuperLiga, o segundo promociona, descendendo os dous últimos. Nesta categoría foi cinco veces campión o Viborg, catro o Esbjerg, e en tres ocasións o Vejle.

Este é o cuarto equipo extranxeiro no que militará o central pontés, tralo Wigan Athletic, co que gañou a Copa Inglesa en 2013, o Montreal Impact, co que quedou campión canadiense en 2014, e o Aarhus.

Ademais de Adrián o equipo conta cun croata e 17 daneses.

Nova cortesía de Xose Fereiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios