O ESTEO FS XA CONTA CON ONCE XOGADORES

Tras catro renovacións e sete fichaxes

481

O Esteo pontés de fútbol sala continúa a perfilar o seu plantel de cara á vindeira tempada, e xa son once os xogadores que estarán a disposición de Javi Saa.

Esta semana soubose da continuidade do pontés Gerardo, que se une ás de Javichu, Rober Paz e Héctor.

O clube, que xa fixera catro fichaxes, Jesús Lourido, Iván Gago, Diego Pellón e Dani Martínez, realizou estes días outros tres máis, presentados todos en Lecar 712.

Un deles é o ex xogador de fútbol campo, Ayrton Nieto, formado nas categorías inferiores do CD As Pontes, e que ascendeu a pasada campaña co Racing Vilalbés á Liga Galega Xuvenil.

Tamén, procedente do Cinco Coruña chega o xove arxentino Juan Cruz, que anotou trinta goles na Terceira a campaña anterior.

Por último, O Esteo realizou unha fichaxe de luxo, a do xogador pontedeumés Pana, de 39 anos. O experimentado goleador, que estaba retirado da competición, que non do fútbol sala, pasou gran parte da súa carreira no Parrulo Ferrol e no Boandanza de Fene, e tamén estivo no Coinasa Coruña.

O equipo presidido por Fran Fernández e Juan Rodríguez xa está casi perfilado de cara á nova campaña, aínda que podería haber alguna outra fichaxe máis.

Un Esteo que comeza a Liga recibindo ó Atlético Benavente a penúltima fin de semana de Setembro, e despois visitará ó potente Universidad de Valladolid.

Antes xogará o equipo pontés a Copa de Galicia. Na primeira rolda ten que visitar ó Ribeira FS, da Terceira, e de conseguir clasificar visitará ó Prone Lugo, de Segunda División.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios