ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE NAS CATEGORÍAS DE BASE DO ESTEO FS

O prazo remata este vindeiro venres 11

177

O clube pontés de fútbol sala do Esteo continúa a perfilar, ademáis do plantel do primeiro equipo, os outros sete, o xuvenil, cadete, infantil, alevín, benxamín, prebenxamín e biberón, e apenas quedan catro días para poder inscribirse.

Os rapaces nados entre 1999 e 2013, que esteñan interesados, teñen de prazo ata este venres día 11 de Agosto para apuntarse, e deberán facelo no establecemento Lecar 712, ou chamando ó teléfono 677466190.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios